AECC Mos presenta a súa programación para o vindeiro outono e asina o convenio anual de colaboración co Concello.

adminON
Lectura mínima de 2

Membros da directiva da Xunta Local mosense de AECC reuníronse na Casa Consistorial coa alcaldesa, Nidia Arévalo, e a concelleira, Sara Cebreiro.

A directiva da Asociación Española contra o Cancro Xunta Local de Mos reuniuse no Concello coa alcaldesa, Nidia Arévalo, e coa concelleira de Política Social mosense, Sara Cebreiro, para asinar o convenio anual de apoio económico por parte da administración local á asociación e para presentar a programación organizada pola mesma de cara aos vindeiros meses e que inclúe unha Tómbola Benéfica, unha andaina, e unha charla médica dun profesional sanitario experto en oncoloxía.

A TÓMBOLA BENÉFICA AECC MOS celebrarase o 28 setembro no PAZO DE MOS co seguinte programa de actos: ás 11:00 h Misa en recordo de todos os falecidos por esta enfermidade e todas as persoas que a están sufrindo. Ás 12:00 h Grupo de gaitas e baile de Celado. Tamén haberá TALLERES INFANTÍS de 17:00H a 20:00H e ás 17:00 h concerto de Antonio Barros. Ás 18:00 h Baile de salón das alumnas de Patricia Martínez. E AO LONGO DE TODO O DÍA ESTARÁ INSTALADA A TÓMBOLA BENÉFICA EN BENEFICIO DA AECC.

A Andaina Benéfica en favor de AECC será o día 20 de outubro e transcorrerá pola parroquia de Guizán ao longo de 7 km cun nivel de dificultade baixo.

Durante a xuntanza coa rexedora local e a edil de Política Social, os membros da directiva de AECC Mos informaron a Arévalo e Cebreiro de que se atopan en campaña de captación de voluntarios, pois precisan de persoas que se unan á asociación e poidan prestar a súa colaboración e axuda nas distintas iniciativas que promoven e organizan.

Comparte este artigo