Home Pontevedra Aerto o prazo de inscripción no Mercadiño de Nadal, que repite eprazamento...

Aerto o prazo de inscripción no Mercadiño de Nadal, que repite eprazamento en Paredes

- Anuncio -

As persoas emprendedoras interesadas en contar cunha das seis casetas que oferta o Concello teñen que formalizar a súa solicitude antes do 5 de decembro

Vilaboa aposta de novo polo seu sector artesanal coa organización dunha cuarta edición do seu Mercadiño de Nadal que de novo estará instalado na Carretera Vella, en Paredes. Neste Mercadiño os veciños e veciñas poderán adquirir agasallos orixinais e creativos para estas festas elaborados de xeito manual por emprendedores do municipio.

O Concello instalará seis casetas de madeira para a exposición e comercialización de artigos e manterá ata o día 5 de decembro aberto o prazo para que se inscriban as persoas que desexen participar da iniciativa e utilizar o Mercadiño como escaparate do seu produto e do seu traballo. Para facelo terán que remitir a súa petición ao Concello a través do correo electrónico cgallego@vilaboa.gal. O Concello, como fixo xa na edición pasada, deixa aberta a posibilidade de compartir stand e mesmo de facer colaboracións puntuais no caso de que as casetas resultasen insuficientes para atender as peticións recibidas ou no caso daqueles artesáns que opten por reducir os días presenciais na feira.

O Mercadiño, que contará con iluminación e fío musical para ambientar o entorno, permanecerá aberto do 22 de decembro ao 6 de xaneiro en horario de tarde os días laborais e toda a xornada durante as fins de semana e os festivos.

Carmen Gallego, concelleira de Promoción Económica, aposta con esta iniciativa pola visualización do traballo artesanal, como xa fixo noutros eventos e citas lúdicas celebradas ao longo deste ano en Vilaboa.

“É unha boa oportunidade para quenes teñan na venta directa unha liña de saída aos seus artigos, como demostran as anteriores edicións desta iniciativa ”, apunta Carmen Gallego, que recorda que as casetas serán adxudicadas por rigurosa orde de entrada das solicitudes, “e en caso de haber máis demanda que casetas, trataremos de buscar solucións para que ninguén quede fóra”.

Relacionadas

A Deputación dona 10.000 quilos de patacas de A Limia ao Banco de Alimentos...

0
O presidente provincial, Luis Menor, destaca a “inmensa labor” desta organización social coas familias vulnerables, durante unha visita ao almacén da entidade no polígono...

Aberto o prazo para o Concurso de Escaparates de Nadal

0
A concellería de Comercio do Concello de Ponteareas informa que abre o prazo de inscrición para participar no Concurso de Escaparates de Nadal. Ata...

Mos, pioneiro en iniciativas culturais co seu novo Plan Estratéxico de Cultura 2025/2028

0
-          Trátase dun documento singular e insólito en municipios de 15.000 habitantes como o mosense -          O tecido asociativo cultural de Mos é vastísimo, cun total de 93 asociacións e grupos, que...

BlackBird Barber Concept brilla nos Premios SOYBARBUDO e fai historia na Barber League

0
A barbaría porriñesa fíxose con tres estrelas no reputado circuíto nacional SoyBarbudo, que destaca as mellores do paísIgor Drodzov alzouse co premio ao Mellor...

O Concello de Nigrán ofrecerá este venres o concerto do cuarteto de clarinetes da...

0
Terá lugar na capela da Alameda de San Campio ás 20:00 horas O Concello de Nigrán ofrecerá este venres 6 de decembro o concerto do...

Redondela celebra o Día Internacional da Diversidade Funcional esixindo “dereitos, non favores”

0
Como exemplo de adaptación inaugurouse esta mañá un semáforo con pictogramas na estrada de Vigo, na zona do Salgueiral. Deste xeito favorécese a comprensión...

Publicacións Relacionadas