HomePontevedraAínda quedan prazas para as últimas actividades de O monte é teu

Aínda quedan prazas para as últimas actividades de O monte é teu

- Anuncio -spot_img

O programa O monte é teu, promovido pola Concellaría de montes que xestiona María José Abilleira chega esta fin de semana ao seu fin coas actividades: Os xoguetes de sempre e Descobre os parques forestais.
Aínda quedan prazas libres para inscribirse en ambas actividades.

  • Os xoguetes de sempre. Non deixes de ser un neno ou unha nena. Hoxe todos os xoguetes se mercan, feitos moitas veces de xeito industrial e con materiais pouco naturais. Esquecemos que antes eses xoguetes eran moitas veces fabricados pola cativada. Aprenderemos a fabricar os nosos propios xoguetes, feitos con materiais sacados da natureza ou con material de reciclaxe.
  • A data é o sábado 21 de xuño
  • Lugar: O Pontillón do Castro
  • Horario: de 17.00 a 19.00 h
  • Duración da actividade: 2 horas
  • Descobre os parques forestais. Visita guiada por un biólogo e naturalista para observar e interpretar a natureza deste parque forestal e por en práctica algúns dos retos do caderno Descubre os Parques Forestais de Pontevedra. O caderno servirá as persoas visitantes dos parques forestais da cidade de Pontevedra como introdución para coñecer a súa biodiversidade.
  • Data: domingo 22 de xuño
  • Lugar: A Fracha
  • Horario: de 10.00 a 13.00 h
  • Duración da actividade: 3 horas.
    Para máis información: apuntate.pontevedra.gal

Publicacións Relacionadas