HomePontevedraAlberto Acuña comprométese a cubrir o 100% das solicitudes do SAF en...

Alberto Acuña comprométese a cubrir o 100% das solicitudes do SAF en Vilaboa

- Anuncio -spot_img

O candidato popular, Alberto Acuña formalizou esta semana o seu compromiso cos maiores de Vilaboa, asegurando que cubrirá o 100% das solicitudes do SAF que non teñen resposta e desatascará a lista dos que levan anos esperando unha resposta do concello.

Alberto Acuña asegurou que unha das súas principais actuacións unha vez chegue á alcaldía de Vilaboa será dar solución a todas as familias que requiren do servizo de SAF e que a día de hoxe continúan sen ter unha resposta do concello e da concellería correspondente, evitando dese modo, que as súas necesidades de atención no fogar queden cubertas.

Nesa liña, o PP leva no seu programa medidas de conciliación nas que inclúe o SAF como unha das máis aclamadas entre os veciños que día a día visitan nas parroquias, sendo unha das mellor acollidas das medidas xa que moitas familias son usuarias e outras se atopan desatendidas pola negativa do actual goberno local de aumentar as horas de servizos impedindo chegar a máis usuarios

Actualmente, o cociente de atención é só do 50%, estando o outro 50% de peticionarios do concello, desatendidos por falta de horas cando a Xunta financia na súa totalidade o programa SAF.

Publicacións Relacionadas