HomePontevedraAlberto Acuña comprométese a dar solución á expropiación por parte do concello...

Alberto Acuña comprométese a dar solución á expropiación por parte do concello dos cemiterios de Vilaboa

- Anuncio -spot_img

Alberto Acuña, candidato popular á alcaldía de Vilaboa, lanzou o seu compromiso de solucionar o problema coas propiedades dos
cemiterios de Vilaboa.

Desde o seu equipo de campaña sinalan que o concello, ten os cemiterios de forma irregular , veu levando a cabo unha expropiación encuberta das propiedades funerarias dos veciños do concello, pisando o dereito á propiedade dos mesmos, e considerándoos cesións , por parte dos mesmos a pesar de que ningún estaba informado.

Estes cemiterios serían os de Bértola, San Adrián, Vilaboa e Santa Cristina e afectaría aos que ten títulos de propiedade

O PP de Vilaboa indica que o concello inventariou como municipais a totalidade dos cemiterios de Vilaboa, menos o de Figueirido que é parroquial, incluíndo nese inventariado o rexistro como propiedade municipal todas as edificacións de muros cara adentro dos mesmos, todo, de novo en contra da propiedade privada e nunha situación practicamente de expropiación.

O último cemiterio que sufriu esta expropiación foi o de San Adrián.

A fínales do ano 2021, actualizouse a inscrición do ben inmoble : Cemiterio de Santo Adrán

Onde o cemiterio establecíase como propiedade municipal, cunha Superficie: 1.904 metros cadrados
Edificios: Cemiterio con capela , e 986 nichos

O equipo de acuña , achega nesta proposta, información acerca dos datos catastrais que demostran unha soa propiedade , que é a municipal de varios cemiterios e un decreto de alcaldía de 2021 onde inclúe no inventario a totalidade do cemiterio de San Adrián

Anteriormente o goberno municipal liderado por César Poza tamén elaborou un regulamento que asimilaba as propiedades a concesións, sen respectar os títulos lexítimos e onde establecía que todas as propiedades dentro do cemiterio serían concesións despois da súa aprobación. Regulamento que nunca viu a súa aprobación, xa que el gobernos viuse obrigado a retiralo da orde do día pola presión veciñal e mediática

Desde o equipo de campaña de Acuña sinalan o compromiso do candidato popular por dar unha solución aos veciños sobre este problema , que respectarán a propiedade privada dos nichos que conteñen os restos dos familiares dos veciños de Vilaboa, cando tras o 28 de maio, alcance a alcladía.

“Os veciños e veciñas de Vilaboa que teñan aos seus seres queridos neses cemiterios e sexan titulares e propietarios poderán estar tranquilos despois do 28 de maio se goberna o PP”

O goberno municipal quedou en 2021 no pleno municipal cando se quitou da orde do día o regulamento, que nunha semana tería cada veciño no seu domicilio unha explicación e xa pasaron moitas semanas e non hai resposta

“Pasou o tempo suficiente para dar unha solución e os veciños o 28 de maio teñen que ter claro quen lle vai a achegar unha solución e quen non”

Publicacións Relacionadas