HomePontevedraAlberto Acuña tratará de negociar as emendas do PP esta semana

Alberto Acuña tratará de negociar as emendas do PP esta semana

- Anuncio -spot_img

Alberto Acuña, candidato popular á alcaldía de Vilaboa comezará esta semana a negociación para alcanzar un acordo sobre as emendas que o seu grupo presentou aos orzamentos presentados polo PSOE e o BNG vilaboense e que foron rexeitadas na comisión.

Acuña anuncia que esta mesma semana solicitará unha reunión con César Pozar para trartar de acordar fóra de orzamentos as medidas que tombáronlle na comisicón sobre os mesmos estas semanas.

A intención de Acuña é alcanzar un acordo antes de chegar ao pleno do próximo venres, un acordo que nas súas palabras “é en prol de mellorar a vida dos veciños con medidas similares ás dos pasados anos que aumentaron as partidas para colectivos como a confraría de Vilaboa, a escola de música ou o SAF”.
Igualmenre sinala que “aínda que a comisión tombáseas, son medidas boas para os veciños, polo que ata o último minuto imos tratar denegociar sobre elas e que se desenvolvan mediante un acordo fóra dos orzamentos, pero garantindo desa forma que leven a cabo”.

Acuña tamén comenta as súas intencións de levar a pleno “unha solicitude de auditoría para este último pleno da lexislatura que permita arrincar a próxima lexislatura sen dúbidas e limpos de toda suspicacia no concello”

Publicacións Relacionadas