Home Pontevedra O Salnés Alberto Varela anuncia a proposta de establecer aparcamentos para residentes nas zonas...

Alberto Varela anuncia a proposta de establecer aparcamentos para residentes nas zonas periurbanas de Vilagarcía

- Anuncio -

O Alcalde e candidato socialista pon en valor as máis de 1500 prazas en aparcamentos disuasorios creados durante estes mandatos, pero valora tamén que “algúnhas zonas precisan maior atención na xestión de aparcamento, debido á súa boa ubicación na cidade e ao seu dinamismo”

Varela propón que Carril, Os Duráns, As Pistas e A Lomba teñan espazos de zona verde reservada para residentes que facilite lugares de aparcamento próximos

O Alcalde e candidato socialista á reelección, Alberto Varela, lanzou hoxe unha proposta de establecemento de aparcamentos para residentes nas zonas periurbanas de Vilagarcía (Carril, Os Duráns, As Pistas e A Lomba), tendo en conta que “Vilagarcía medrou en máis de 1500 prazas de aparcamentos, fundamentalmente en aparcamentos disuasorios, durante o mandato do noso goberno” pero tamén apuntando que “hai barrios que precisan maior atención que outros na xestión de aparcamentos, debido á súa boa ubicación”, como son os referidos na proposta.

Varela explicou que Vilagarcía ten un modelo de cidade “pensado principalmente para as persoas”, cuestión que destacou que “xa non é o futuro senón o presente de calquera cidade europea”, pero que hai que facilitar a mobilidade xeral e, sobre todo, “a comodidade dos veciños e veciñas”. Por iso a proposta que fai fundaméntase en “liberar parte dos espazos deses barrios para uso expreso dos residentes a través de mecanismos como a zona verde e tarxeta de residente, ao igual que a maioría das cidades fai xa en algúns lugares dos seus municipios”.

O candidato socialista lembrou que nas xuntanzas con veciños que ven desenvolvendo ao longo de todo o mandato, esta é un proposta que sempre estivo nas conversas, aínda que faltaba concreción sobre como e onde levala a cabo. Varela apunta que “tras estudar ben os fluxos do tráfico, a disposición das rúas e os futuros investimentos en humanizacións, temos unha proposta ben armada sobre as posibilidades que hai en cada lugar”. Así, engadiu a idea de que manterán xuntanzas explicativas cos veciños de cada barrio para definir con precisión as zonas reservadas, que serán levadas á futura ordenanza de mobilidade.

“Estamos ante un novo paso na configuración dun modelo de cidade que funciona, como se ve na satisfacción dos cidadáns e no aumento de poboación, pero tamén nos propios datos económicos da cidade que apuntan ao crecemento, como o maior número de empresas agora que hai 8 anos, ou os mellores datos de emprego en décadas” redundou Alberto Varela.

Relacionadas

Pardo solicitará no próximo pleno unha modificación do PEPRICA e “unha solución urxente” ao...

0
• Pardo sinala ao Goberno local como responsable de “un plan obsoleto, que responde as necesidades de hai 20 anos e non ás que...

O Concello de Salvaterra de Miño traballa na redacción de varios proxectos de recuperación...

0
Os entornos das Capelas de San Roque en Leirado e Cabreira ademais da Fortaleza  serán os tres ámbitos de actuación.  O Concello de Salvaterra de...

Chega a Tomiño ‘Iribarne’, unha feroz sátira teatral da historia recente de España

0
O auditorio de Goián acollerá este sábado 20 ás 21 h esta radiografía irreverente e en clave de humor que desmitifica a Transición a...

As aulas do IES Antón Alonso Ríos convértense nun gran congreso científico

0
Máis de 120 estudantes de 3º e 4º da ESO presentaron as investigacións realizadas ao longo do curso e coñeceron de primeira man a...

A Deputación celebra o Día do Emprendemento coas empresas que participaron nas aceleradoras de...

0
A vicepresidenta Luisa Sánchez e a deputada Nava Castro asistiron na sede de Vigo á xornada de “demo day” que serviu como peche de...

Recoñecemento para o responsable da Aula Cemit de Cuntis do segundo premio na categoria...

0
• A través destes galardóns recoñécese o labor realizado á hora de impulsar iniciativas que facilitan que a xente de todas as idades poida...

Publicacións Relacionadas