HomePontevedraO SalnésAlberto Varela en Vilaxoan: "Este foi o goberno que máis investiu en...

Alberto Varela en Vilaxoan: “Este foi o goberno que máis investiu en Vilaxoan en toda a historia”

- Anuncio -spot_img

O Alcalde e candidato socialista á reelección recibe unha gran acollida no seu acto en Vilaxoan e fai un repaso dos investimentos da Escola Infantil, o Paseo de Canelas, a ampliación do parque infantil, o recheo de areas nas praias, a ampliación de rúa Freixo ou a humanización de Vázquez Leis.

Varela compromete que continuarán as humanizacións coa rúa Ameixeiras, as melloras de accesibilidade en Veiga do Mar e a continuación do Paseo de Canelas ata Vilaxoán

O Alcalde de Vilagarcía e candidato socialista á reeleción visitou na mañán de hoxe Vilaxoan, lugar onde recibiu unha agarimosa acollida dos veciños e veciñas da vila e con quen tivo a oportunidade de conversar sobre a realidade de Vilaxoan e os proxectos futuros.

Varela arrincou o seu acto coa claridade de afirmar que “este foi o goberno que máis investiu en Vilaxoán en toda a historia”, e para elo relatou de maneira contundente o esforzo feito para a construcción da Escola Infantil de Vilaxoán, “para a que a Xunta non quixo axudar e que fixemos xunto á Deputación de Pontevedra”, a humanización de Vázquez Leis, o paseo de Canelas “que foi unha reivindicación histórica e que desbloqueouse por fin agora con este goberno”, a ampliación da rúa Freixo, o recheo de areas nas praias, as melloras no campo de fútbol ou a ampliación do parque infantil en Dona Concha.

O candidato socialista apuntou en Vilaxoán que, “cando Vilaxoán ten un goberno socialista en Vilagarcía ten un amigo” e contrapuxo esto a que “o que sabemos do PP é que só apareceu aquí para facer unha foto no consultorio que reformou o propio Concello e para mentir pretendendo agochar o que hoxe sabemos que é que pretenden pechalo. Loitaremos por mantelo fronte á Xunta, fronte ao PP e fronte ao que faga falta”.

Aproveitou Varela tamén para reforzar os seus compromisos para a vila, como son achear o paseo dende Canelas ata Vilaxoán, continuar coas humanizacións agora coa rúa Ameixeiras e mellorar o saneamento e servizos na Bouza de Abaixo, segundo os veciños demandan.

Publicacións Relacionadas