Home Pontevedra O Salnés Alberto Varela expón a comerciantes, repartidores e taxistas proposta para mellorar a...

Alberto Varela expón a comerciantes, repartidores e taxistas proposta para mellorar a mobilidade dos profesionais do transporte en Vilagarcía

- Anuncio -

O Alcalde e candidato socialista comparte a importancia de establecer novas fórmulas que faciliten a operatividade dos profesionais de carga e descarga ampliando zonas e con maior rotación

Varela avanza a proposta de “transporte a demanda” na que veciños dos entornos máis alonxados poderán ter un servizo bonificado de taxi compartido para conexións frecuentes co casco urbano

Vilagarcía de Arousa, 24 de maio de 2023.- O Alcalde de Vilagarcía e candidato socialista á reelección mantivo hoxe unha xuntanza acompañado de membros do seu equipo e candidatura con profesionais do taxi e coa asociación Zona Aberta de comerciantes de Vilagarcía, que traballa man a man cos repartidores e transportistas profesionais. O obxectivo da xuntanza foi avanzar nas novas fórmulas que Varela propón para mellorar a mobilidade dos profesionais do transporte en Vilagarcía, e tratar as ideas que poden ser máis exitosas.

Nesta xuntanza, Varela compartir o interese de continuar explorando novas fórmulas para facilitar o traballo destos profesionais, que o socialista propón a través da ampliación de zonas de carga e descarga e o impulso de zonas de maior rotación para facilitar a operatividade destes profesionais. O equipo socialista tamén se comprometeu a buscar ampliar os horarios de carga e descarga no sentido que os profesionais demandan para poder axeitar mellor o seu traballo. Dentro deste bloque de ideas, o candidato socialista tamén incidiu na necesidade de clarificar e ordenar as rutas de carga e descarga “para que funcionen da maneira máis eficiente en consonancia co conxunto do tráfico” e evitar disfuncionalidades e usos indebidos de espazos, horarios e pasos entre rúas. “A idea global”, concluiu Varela, “é que os transportistas profesionais poidan desenvolver mellor o seu traballo sen que o resto de usuarios das vías ou espazos humanizados se vexan perxudicados”.

Con respecto aos profesionais do taxi, Varela puxo en valor as bondades de ter un “servizo de taxi ben conectado e eficiente como ten Vilagarcía”, en relación a un modelo de cidade que prioriza a mobilidade sostible e impulsa o transporte público. O alcaldable socialista apuntou que “o déficit que a Xunta de Galicia leva mostrado dende sempre co transporte público de autobuses fai que a relevancia do taxi sexa maior en lugares como Vilagarcía”.

Nesta liña anteriormente sinalada Varela formulou aos taxistas que unha cuestión na que o seu equipo traballa é nun plan de Transporte a Demanda. Esta idea, desenvolvida xa noutros concellos, establecería a posibilidade de conformar rutas habituais para transporte de veciños dos lugares máis alonxados e con maior dificultade de mobilidade respecto ao casco urbano, pero que precisan acudir para facer xestións ou compras. Apuntou Varela que “nesas circunstancias o concello procurará organizar un sistema bonificado de taxi compartido, que funcione como liñas regulares de horarios preprogramados e que poida dar solución a moita xente que precisa ter facilidade para moverse a outros puntos do concello”. “O que a Xunta non nos ofrece mediante autobús”, resumiu Varela, “trataremos de solucionalo nós con estas alternativas”.

Relacionadas

O concello inagura as mostras do concurso ‘Talento Xove’ cunha exposición no Museo Municipal

0
• Máis de 300 mozos e mozas participaron neste certame multidisciplinar• Os premios, outorgados por un xurado profesional, entregaranse o próximo 18 de maio O...

Tomiño comezou a renovación de 2.000 luminarias públicas que suporán un aforro enerxético do...

0
O Concello investirá case un millón de euros nesta iniciativa, que forma parte dos proxectos financiados con fondos europeos que permitirán seguir transformando o...

A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, reúnese con responsables da Asociación de Produtores...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, mantivo unha xuntanza con responsables da Asociación de Produtores e Distribuidores de Enerxía de...

O PP négase a informar ao Parlamento sobre un novo concerto co Ribera-Povisa e...

0
Montserrat Prado denuncia a “total opacidade” do Goberno galego sobre o conxunto de recursos públicos que recibe este centro privado de Vigo O PP vetou...

Trece rutas percorrerán a natureza tudense entre abril e xuño

0
Comezan esta fin de semana cunha Ruta Ornitolóxica pola beira do Miño Descubrir o patrimonio natural de Tui é o obxectivo das trece rutas de...

Soutomaior intensifica a limpeza de camiños e estradas nos barrios do concello

0
O concello de Soutomaior avanza na limpeza de camiños e beirarrúas do concello. Nas vindeiras semanas uniranse 9 operarios máis a este operativo que...

Publicacións Relacionadas