HomePontevedraO CondadoAlbo presenta no concello de Salvaterra de Miño o seu Plan de...

Albo presenta no concello de Salvaterra de Miño o seu Plan de Formación e Emprego para operari@s na zona

- Anuncio -spot_img

O pasado 2 de xullo mantiveron unha reunión o departamento de RRHH e Dirección de Conservas Albo e o Concello de Salvaterra de Miño para presentar un proxecto de colaboración que comprenderá un curso de formación e posterior contratación do 60% durante 6 meses dos candidatos. Todo segundo o procedemento TR301P da Xunta de Galicia. “Accions formativas con compromiso de contratación”.

A acción formativa denominada “Operacións Básicas de Elaboración de Conservas de Peixe” levarase a cabo nas instalacións de Albo, no Polígono da PLISAN, onde se ensinará o proceso de limpeza de túnidos, eviscerado de cefalópodos, corte de sardiñas, así como o proceso de empaque. O Concello dará publicidade e difusión, a través de diferentes medios, desta formación á que poden optar os veciños e veciñas de Salvaterra; e Albo seleccionará, formará e contratará ós que resulten aptos, comprometéndose a incluir ó 60% do grupo que se presenta cun contrato mínimo de 6 meses. É requisito obrigatorio para poder optar ó programa estar inscrit@ no servizo público de emprego de Galicia.

Todas aquelas persoas interesadas deberán presentar o seu currículo a través de correo electrónico a malores@albo.es e mmagarinos@albo.es ou presencialmente nas oficinas de Albo.
A formación desarrollarase en dous grupos de 15 persoas.
Grupo I:
Fecha de Inicio: 28/08/2025 Fecha de Fin: 29/09/2025
Horario: 07.30 a 15:30
Grupo II:
Fecha de Inicio: 29/09/2025 Fecha de Fin: 29/10/2025
Horario: 07.30 a 15:30
Será unha formación integral e práctica, asegurando que os participantes adquiran as habilidades necesarias para desempeñar eficazmente os seus postos de traballo, cumplindo coas normativas de seguridade e calidade, e adaptándose ás innovacións do sector.

Publicacións Relacionadas