HomeBaixo MiñoA GuardaAlegacións do BNG contra o acordo PSOE-PP A Guarda de eliminar 12.000...

Alegacións do BNG contra o acordo PSOE-PP A Guarda de eliminar 12.000 m2 de solo público

- Anuncio -spot_img

Anxo Baz: “PP-PSOE deben dar marcha atrás e parar o espolio de  12.000 m² de solo público ao pobo da Guarda”

O BNG vén de presentar alegacións ao proxecto de segregación do Campo de Fínola do Plan Especial (PERI) 5, aprobado por PSOE-PP, que de ir adiante,  implicaría a perda de 12.000 m² de solo público para A Guarda.

A segregación acordada por PSOE-PP reduce os 15.000 m2 posibeis de solo público que se lograrían desenvolvendo o  Plan especial 5  a menos de 3.000 m2, eliminando así 12.000 m2 destinados a  infraestruturas, zonas de aparcamento  e zonas verdes.

O portavoz do BNG Anxo Baz manifestou “só intereses moi escuros poden estar detrás deste acordo vergoñento. PP e PSOE deben dar marcha atrás e renunciar a espoliar  12.000 m² de solo público ao pobo da Guarda que lle pertence por lei”.

A alegación presentada polo BNG está fundamentada na Lei do Solo de Galiza que no seu artigo 129 marca  o aproveitamento do espazo público ao que da lugar o desenvolvemento dun Plan Especial como é o PERI 5.

Publicacións Relacionadas