Alegría, diversión e moita música no Baile de Nadal para os maiores no concello de Soutomaior

adminON
Lectura mínima de 3
  • Mais de 100 persoas maiores asistiron ao Baile de Nadal que pasada noite de celebrou na Casa do Pobo do Val Sobral, con música, cotillón e chocolate con rosca.

As persoas maiores do concello de Soutomaior gozaron na pasada noite do seu baile de Nadal organizado polo Concello de Soutomaior  na casa do pobo do Val-Sobral.

Foi o Trío Azabache o encargado de poñer o toque musical a esta cita, e tamén os artífices de que todas e todos os movesen o esquelete dende as 18:00 ata as 20:45h.

Unha cita onde non faltaron o Como baila Carmiña de José Acosta, o Solo te pido de Manolo Escobar e que pechou esta festa co mítico Cada día máis linda de Pimpinela. Todo, na compañía de cotillón y dun rico chocolate acompañado de rosca e doces de Nadal. As e as persoas que o desexaron tiveron a súa disposición o servizo de autobuses dende Arcade e dende os diferentes barrios de Soutomaior, co fin de que todas e todos desfrutasen deste Baile con comidade e sen necesidade de levar o seu coche particular.

Foi unha das grandes citas do noso Nadal, na que participaron máis de 100 maiores, unha cita, predecesora dun gran día, o 31 de decembro, que o concello de Soutomaior se prepara para despedir o año cunha programación por todo o  alto na súa Carpa de Nadal instalada en Talo Río.

Deste xeito, ás 17:30h. chegará PETER PUNK co seu espectáculo Prebadaladas onde as  risas e o divertimento estarán asegurados.

E xa a partir das 00:45h. será YAYA DJ a encargada de darlle a benvida ao 2025 con música que conseguirá que todas e todos os asistentes movan o esquelete. Un fin de ano que contará con roupeiro de balde, cunha carpa climatizada e con moito ambiente.

Dende o concello convidan a todo o mundo a vir a desfrutar do Nadal e tamén a despedir o ano e darlle a benvida ao 2025 dende Soutomaior.

Comparte este artigo