Jorge Cubela anima aos seus veciños a “seguir apostando por un goberno estable e fiable e non arriscar con experimentos a dúas bandas”
● Alfonso Rueda cualificou a Jorge Cubela como un referente para os alcaldes do Partido Popular de Galicia porque “está en todas partes, consegue convencer a todas as sensibilidades e demostrou desde o primeiro día que é o alcalde de todos” pero sobre todo porque “ten a capacidade de explicar, de sentir e de convencer”, de aí que non dubidase en definilo como “un alcalde de raza no que paga a pena confiar”
● “Grazas a Jorge, Cerdedo-Cotobade é hoxe a demostración de que se poden facer cousas desde o rural e para o rural e que non hai que estar nun gran concello para desfrutar de servizos de primeira”, engadiu
● Poñendo en valor a vocación de servizo público do candidato á reelección, o líder dos populares galegos apuntou que “a única forma de devolverlle todo o esforzo e a dedicación aos seus veciños nestes anos” será volvendo a confiar nel como alcalde cunha maioría absoluta
● “É o momento de volver confiar en Jorge Cubela para que se sigan facendo as cousas como se están facendo, para que continúen vindo investimentos a Cerdedo-Cotobade e para que todo o que ten agora mesmo enriba da mesa non sexa máis que a continuidade do xa conseguido”, afirmou
● En clave electoral, o presidente do PPdeG recordou que “cada voto ao PSOE o 28 de maio será un voto a Pedro Sánchez” e animou aos seus a conseguir unha nova maioría absoluta neste concello: “Con que a Jorge Cubela lle falte un voto, o PSOE e o BNG xuntaranse para que Cerdedo-Cotobade volva ao branco e negro”
● Alfonso Rueda anunciou que no encontro deste luns coa presidenta da Comisión Europea transmitiralle que “Galicia ten futuro” e a aposta do Goberno galego por “atraer proxectos, ideas e empresas para que a mocidade teña futuro e poida formarse e traballar en Galicia”
● Neste sentido o líder dos populares galegos criticou ao Goberno central a súa “oposición a Galicia para facer oposición a Alberto Núñez Feijóo”, polo que animou a Jorge Cubela e a todos os presentes a acadar o 28 de maio unha gran vitoria tamén para que Alberto Núñez Feijóo sexa o próximo presidente do Goberno de España
JORGE CUBELA: “É MOMENTO DE SEGUIR ADIANTE E NON PARAR”
● O candidato á reelección como alcalde prometeu “seguir loitando” polos seus veciños e continuar transformando o concello para convertelo “nun lugar no que a xente pense á hora de construír o seu fogar ou investir”
● “É momento de seguir adiante e non parar. Seguir apostando por un goberno estable e fiable, non arriscarse con experimentos a dúas bandas”, engadiu
● Jorge Cubela presumiu de coñecer “a todos os veciños e cada recuncho de Cerdedo-Cotobade” e puxo en valor a súa experiencia de goberno: “Nós tamén somos usuarios dos servizos públicos deste concello e, por iso, sabemos ben o que fai falta e o que ten cabida para mellorar”
● Remarcou que as constantes do seu traballo foron dotar a Cerdedo-Cotobade de equipamentos culturais, das dúas residencias de maiores, de novas humanizacións, vivendas sociais, melloras das infraestruturas municipais, iniciativas piloto no monte, a mellora do patrimonio cultural, así como as iniciativas turísticas
● Cubela destacou tamén o apoio do seu goberno ás asociacións culturais, deportivas, de maiores e ás comunidades de augas; salientando especialmente a súa aposta pola prestación de servizos de calidade á veciñanza



