Home Deza Agolada Alfonso Rueda: “O PP é a alternativa seria e de xestión a...

Alfonso Rueda: “O PP é a alternativa seria e de xestión a quen goberna a golpe de titulares e propaganda”

- Anuncio -

• Destaca o traballo de Seijas como voceira, “pegado ás necesidades da cidadanía”.


• Sinala que “na transición tranquila e exemplar” do PPdeG, aspira a contar con todos, desde o afiliado de base ata cada alcalde, concelleiro, voceiro… Sodes a forza do noso partido”.

O presidente do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, destacou hoxe que os populares son sempre, e tamén en Agolada, “a alternativa seria, responsable e de xestión a quen goberna a golpe de titulares e de propaganda. Somos o partido do Goberno de Galicia, que ofrece estabilidade e certezas alí onde goberna”.

Foi durante a celebración do congreso local do PP de Agolada, no que Carmen Seijas foi elixida presidenta local do partido. Rueda subliñou o traballo feito nestes tres anos por Carmen Seijas e o grupo municipal en Agolada. “Unha labor que non é fácil, pero que demostra que en Agolada hai outra forma de facer política, menos populista, máis seria e pegada ás necesidades reais da cidadanía”. Así, reclamou á nova directiva “compromiso e unidade. Un partido cun equipo forte, cun proxecto claro e que traballe polos intereses de todos, que administre e resolva”. Para Rueda, “na política non hai segredos, hai moi traballo”. E destacou que “o éxito do noso partido, entre outras moitas cuestións, radica en que somos o partido da xente e na nosa unión, que nos permite estar centrados nas cuestións que realmente importan”.

Unha unión que tamén salienta no PPdeG, tras presentar onte ante a xunta directiva provincial a súa candidatura “para encabezar un proxecto de todos”. Así, aposta por unha “transición tranquila e exemplar. Temos unha traxectoria de éxito que continuar e novas metas que conquistar” e por iso dixo que aspira “a contar con todos. Desde o afiliado de base ata cada alcalde, concelleiro, voceiro… porque sodes a forza do noso partido”. Entre os obxectivos que marca, fixa garantir a estabilidade e progreso dos que goza Galicia; revalidar unha nova maioría absoluta en 2024 e, antes, contribuír a que haxa un Goberno mellor en España con Núñez Feijóo.

Para o líder popular, “si hai un partido que aposta polo municipalismo, ese é o Partido Popular. Somos coñecedores da importancia da política de proximidade, do valor dos concellos e as persoas están no centro das nosas decisións”. Por último, recordou que “temos por diante doce meses de traballo intenso, e debemos multiplicar esforzos. Saír á rúa, escoitar, facer propostas, ilusionar co noso proxecto. Porque só así, poderemos acertar”.

En canto á presidenta electa do PP de Agolada, Carmen Seijas, amosou a súa “ilusión” por asumir esta nova etapa, e comprometeuse a seguir traballando “de xeito intenso na defensa dos intereses de todos os veciños sen excepción, para que Agolada volva a ser de todos e un concello con futuro, con servizos básicos de calidade e con oportunidades”. Ademais, anunciou que unha das primeiras iniciativas será propoñer a Ramiro Varela como presidente de honra do PP de Agolada.

Amosouse orgullosa do equipo que formou para asumir este novo reto no partido. Así, o secretario xeral e coordinador de Educación e Cultura é o concelleiro Santiago Castro; o tesoreiro e coordinador de Relacións veciñais e transporte, Román Blanco; a concelleira Paula Crespo, coordinadora de Política Social e o edil Rafael Méndez, de Gandeiría; Alberto García, coordinador de Deportes; de Hostalería e Feiras, Alberto Pereiro; Enerxía e Novas Tecnoloxías, Ana María Pampín; de Igualdade e Muller: Bea Abuín; Relacións institucionais coa Xunta, Alfonso García; Sanidade, Comercio e Atención cidadá, Cristina García; Industria, Emprego e Promoción Económica, Fernando Blanco; Medio Rural, Luis Mosquera; Terceira Idade e Benestar Social, Marta Galego; Infraestruturas e Urbanismo, Miguel Caramés; Turismo e Patrimonio, Sandra Diéguez; Mantemento e Seguridade Viaria, Susana Miguélez; e de Medio Ambiente e Actividades Cinexéticas, Víctor Rodríguez.

PERFIL CARMEN SEIJAS
Carmen Seijas naceu en Agolada e ten 45 anos. É diplomada en Ciencias da Educación e funcionaria do Servizo Galego de Saúde. Desde 2019, é voceira do grupo municipal do PP, e foi concelleira de Educación no mandato 2007-2011.

Relacionadas

O Concello de Redondela demanda ás administracións autonómica e estatal o arranxo das estradas

0
-O goberno local urxe as obras de humanización da avenida Mendiño en Redondela e a segunda fase da avenida de Vigo en Chapela, que...

Baiona participa na VI edición do Día das Vilas Mariñeiras que se celebrará en...

0
A Concellería de Turismo de Baiona, está a traballar para levar tamén a unha representación da veciñanza baionesa. O Concello de Baiona desprazará a...

O Concello de Covelo adestra corpo e mente da man da Universidade de Vigo

0
A sesión práctica deste primeiro seminario tivo lugar onte xoves cunha ruta radio saudable Un ano máis, o Concello de Covelo e a Universidade de...

Aberta a convocatoria para participar na segunda edición da Residencia FICBUEU

0
O prazo de inscrición estará aberto desde o luns 15 de abril ao 15 de maio O Festival Internacional de Cinema de Bueu acaba de...

Baiona acolle o curso gratuíto para o exercicio profesional de socorrismo acuático

0
A Xunta de Galicia convoca a través da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) o "Curso de Formación Específica de Socorrismo en Instalacións e...

200 persoas inscritas para a andaina cultural deste domingo

0
A andaina percorrerá a Ruta de Montes e Praias e contará co actuación do Coro de Cámara Thalassa na Igrexa de Santa María do...

Publicacións Relacionadas