Home Pontevedra Alfonso Rueda visita Soutomaior para apoiar a candidatura do actual alcalde, Agustín...

Alfonso Rueda visita Soutomaior para apoiar a candidatura do actual alcalde, Agustín Reguera

- Anuncio -

O presidente da Xunta foi recibido por veciños e simpatizantes

O presidente do Partido Popular de Galicia e da Xunta, Alfonso Rueda, visitou Arcade esta mañá para mostrar o seu apoio ao candidato á alcaldía, Agustín Reguera, e a todo o seu equipo nas próximas eleccións. Alfonso Rueda estivo acompañado por afiliados, simpatizantes do PP e veciños, que mostraron o seu apoio ao proxecto encabezado por Reguera.

Así, o actual alcalde e candidato recibiu ao presidente da Xunta de Galicia no Peirao de Arcade para despois dar un breve paseo pola contorna acompañada polos membros da candidatura. A continuación, todos xuntos fixeron unha breve pausa para tomar algo nun local de hostalería da zona con varios veciños. Rueda sinalou que “Agustín non é só o mellor alcalde posible para Soutomaior, é un dos mellores alcaldes da historia de Galicia. Poucos contan coa súa experiencia, o seu liderado e a súa estabilidade”.

Por último, o presidente finalizou indicando que “Soutomaior ten un gran futuro por diante, é un dos concellos máis novos de Galicia e teñen a sorte de contar co mellor guía posible. Soutomaior é o modelo de estabilidade, certeza e sentidiño que queremos estender a todos os concellos de Galicia”, concluíu Rueda.

Relacionadas

O concello inagura as mostras do concurso ‘Talento Xove’ cunha exposición no Museo Municipal

0
• Máis de 300 mozos e mozas participaron neste certame multidisciplinar• Os premios, outorgados por un xurado profesional, entregaranse o próximo 18 de maio O...

Tomiño comezou a renovación de 2.000 luminarias públicas que suporán un aforro enerxético do...

0
O Concello investirá case un millón de euros nesta iniciativa, que forma parte dos proxectos financiados con fondos europeos que permitirán seguir transformando o...

A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, reúnese con responsables da Asociación de Produtores...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, mantivo unha xuntanza con responsables da Asociación de Produtores e Distribuidores de Enerxía de...

O PP négase a informar ao Parlamento sobre un novo concerto co Ribera-Povisa e...

0
Montserrat Prado denuncia a “total opacidade” do Goberno galego sobre o conxunto de recursos públicos que recibe este centro privado de Vigo O PP vetou...

Trece rutas percorrerán a natureza tudense entre abril e xuño

0
Comezan esta fin de semana cunha Ruta Ornitolóxica pola beira do Miño Descubrir o patrimonio natural de Tui é o obxectivo das trece rutas de...

Soutomaior intensifica a limpeza de camiños e estradas nos barrios do concello

0
O concello de Soutomaior avanza na limpeza de camiños e beirarrúas do concello. Nas vindeiras semanas uniranse 9 operarios máis a este operativo que...

Publicacións Relacionadas