Home Pontevedra Baixo Miño Alianza estratéxica entre o Concello de Tui e o grupo turístico Tui...

Alianza estratéxica entre o Concello de Tui e o grupo turístico Tui para promoción da cidade

- Anuncio -
O alcalde reuniuse co CEO da compañía con sede en Alemaña e líder mundial do sector

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, reuniuse co CEO do grupo Tui, Sebastian Ebel, en Madrid. O encontro marca o inicio dunha alianza entre ambas entidades para a promoción turística e patrimonial da cidade que frutificara esta primavera coa presentación dun avión co nome de “Cidade de Tui”, por parte da compañía internacional.

No encontro que mantiveron, no marco de FITUR, o CEO de Tui confirmou o compromiso da empresa, con sede en Alemaña e que opera en máis de 100 destinos, para  divulgar a través da súa area de negocio todos os recursos patrimoniais e turísticos que ten o concello de Tui, entre outras iniciativas que abordarán proximamente na visita que van realizar a Tui.

Na TUI Executive Dinner o  alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, tivo tamén a oportunidade de trasladar á secretaria de Estado de Turismo, Rosario Sánchez Grau, as liñas de traballo que se están a realizar tanto para a promoción turística da cidade, coma para a celebración do oitavo centenario da Catedral, solicitando a súa colaboración. 

Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, amosa a súa satisfacción por este pasos importantes dados no traballo para a promoción turística da cidade que se deron estes días en FITUR.

Relacionadas

O novo paseo do litoral de Cesantes mellorará a mobilidade ata a praia e...

0
- O Concello de Redondela xa conta co proxecto de execución para o novo paseo do litoral de Cesantes que unirá o peirao coa...

Por previsión de temporal con alerta laranxa a Festa do Cocido prevista para mañá...

0
Por mor da previsión de temporal con alerta laranxa para mañá domingo, a Comisión de Festas de Trasmañó anuncia que a Festa do Cocido...

Tui inicia os pasos para ser Destino Turístico Intelixente

0
En FITUR abordou tamén a posibilidade de incorporarse á rede de Caminos Naturales O Concello de Tui inicia os pasos para ser Destino Turístico Inteligente,DTI....

Arrancan os cursos para maiores “Redondela Vital” e “Redondela en forma”

0
Estas actividades, que son de balde, están organizadas pola concellería de Maiores e impartiranse en 16 emprazamentos diferentes do municipio. A alcaldesa, Digna Rivas,...

A Deputación levará este domingo a máis de 120 persoas da provincia a desfrutar...

0
Son veciños e veciñas de 25 concellos da provincia, que gozarán de estancias no Gran Talaso Hotel Sanxenxo e no Balneario de Mondariz, en...

A Casa-Escola de Fornelos recupera a súa esencia como espazo para a veciñanza

0
O Rosal inaugura este espazo polivalente e sostible o sábado 1 de febreiro ás 18.00 horas coa exposición ‘Memorias de Fornelos’, chocolatada e música...

Publicacións Relacionadas