HomeO MorrazoCangasAlternativa dos Veciños alerta dun intento do novo goberno de Cangas de...

Alternativa dos Veciños alerta dun intento do novo goberno de Cangas de cernar o seu dereito a participar nas comisións iformativas

- Anuncio -spot_img

Advirte ó equipo de Araceli Gestido que non vai permitir que se coarte “a nosa liberdade de expresión impedíndonos ter voz e voto”

Desde o día 16 de xuño do 2023 Alternativa dos Veciños non recibiu nin unha chamada do novo goberno municipal de Cangas para convocar novamente a mesa de negociación nin para falar sobre ningún outro tema.

Tras recibir a notificación para o Pleno do día 10.07.2023 Alternativa dos Veciños encóntrase cun intento do novo Goberno de coartar “o noso dereito de participación na vida política local”, suprimindo a Portavocía de Alternativa dos Veciños e impedindo a asistencia ás Comisións Informativas. Recordan desde Alternativa dos Veciños que o Concello de Cangas nunca puxo trabas a partidos cun único/a representante para expresarse nestas comisións e coñecer a documentación dos asuntos a tratar no pleno. “Por tanto, a primeira acción política deste novo goberno é romper unha tradición que facilita a participación, a transparencia e a democracia”, apuntan desde Alternativa dos Veciños, formación á que lle parece inverosímil que se pretenda “coartar a nosa liberdade de expresión e eliminar o noso dereito a voz e a voto”.

Alternativa dos Veciños xa presentou por Rexistro a súa desconformidade co acordo e advirte que reclamará o seu dereito á participación nas comisións, “exactamente igual que o resto de grupos políticos, sen prexuízo de que se poidan establecer fórmulas de voto ponderado en relación coa representación de cada grupo no Pleno”.

A formación política liderada pola ex-alcaldesa Victoria Portas considera que non ter acceso á información nas comisións informativas limita a súa labor de oposición ao non ter acceso á documentación relativa aos asuntos a abordar en cada sesión plenaria.

Resulta totalmente inaudito que un goberno en coalición que se auto-define de esquerdas e progresista aplique un rodillo máis propio da dereita máis rancia para calar a unha formación política, cernando os seus dereitos democráticos e demostrando o seu nulo talante negociador.

Alternativa dos Veciños advirte ao equipo liderado por Araceli Gestido que non vai permitir que
instauren unha imposición no Concello por moito que a disfracen de progresista.
“Alternativa dos Veciños, herdeira de Alternativa Canguesa de Esquerdas, foi de sempre garante dun proxecto de progreso e de avance para Cangas baseado en políticas sociais e humanitarias moi por riba de personalismos anacrónicos”. Por iso, esta formación política defende o seu dereito a ser a voz das 863 persoas que o pasado 28 de maio depositaron a súa confianza en AV “e non nos vai calar ningún tipo de Goberno”.

Publicacións Relacionadas