Alternativa dos Veciños de Cangas presentou por rexistro do Concello o pasado 4 de xullo un escrito para informar da situación existente na reforma levada a cabo no Parque da Choupana.
Dita obra comezouse con Victoria Portas como Alcaldesa, e o fin de obra quedou pendente de varias reparacións, debido a importancia das deficiencias detectadas. Ademais queremos destacar que non se xustificou as modificacións que levaron a cabo respecto do proxecto inicial. Por estes motivos vémonos na obriga de informar ó Concello desta situación, para que poida poñer remedio antes de dar a finalización á obra, e así mesmo para que a cativada poida facer un uso do espazo de maneira segura.
Antes do fin de Maio se comunicou á empresa executora dos traballos, que existían fallos graves, como por exemplo, que o chan se levantaba de forma clara. Advertíndolles que debían emendar os defectos da obra na maior brevidade posible.
Así mesmo, se lle comunicou a obriga da empresa de presentar por rexistro do Concello a motivación xustificada que a levou a mudar os xogos de lugar con respecto ao proxecto existente.
É importante facer fincapé en que todas as obras realizados fanse con cartos públicos de todos e de todas e a emenda dos defectos de construción unha obrigación da empresa adxudicataria para que ditas obras poidan garantir a maior durabilidade posible.
Supervisado novamente o parque a data 29 de xuño do 2023, e puidemos comprobar que continúa na mesma situación que cando se lles advertiu a obriga de realizar os traballos de forma correcta.
No escrito enviado solicitamos ó Concello que se proceda a reparación e acondicionamento dos defectos no prazo máis breve posible, e tamén se lle requira á empresa á emenda dos erros da obra, e que en todo caso, non se leve a cabo o final de obra por deficiencias na mesma.
A día 13 de xullo non temos resposta formal por parte da responsable da área correspondente. Aínda que si nos chega a través da prensa, que debe ser a nova canle de comunicación deste Concello, que a obra se deu por finalizada sen saber se están resoltos os defectos atopados ou se está xustificado o cambio do proxecto. O que si nos quedou claro é que están contentos co resultado da obra que se realizou e se abriu no mandato anterior.