Home O Condado Mondariz Alternativa por Mondariz pide desculpas aos ambulantes no nome da veciñanza e...

Alternativa por Mondariz pide desculpas aos ambulantes no nome da veciñanza e recórdalle ao alcalde que foi elixido, tamén, para garantir o funcionamento normal da feira

- Anuncio -

O alcalde e o grupo de goberno bng-psoe, por decisión unilateral, suspenderon a feira dominical sen xustificación

O grupo de goberno BNG-PSOE, sen consultar previamente nin cos vendedores ambulantes, nin cos partidos políticos da oposición (como si o fixeron nalgunha outra ocasión), tomaron a decisión de suspender a feira dominical, “ante el riesgo sanitario de generar grandes
aglomeraciones de público en un momento como este”, cando os datos epidemiolóxicos publicados pola Xunta de Galicia para o Concello de Mondariz (restrición media-baixa) non
indicaban a necesidade de tomar unha medida tan drástica nin para os vendedores ambulantes nin para a economía local.

Como compensación, o Alcalde no comunicado enviado aos ambulantes, indícalles que
“Logicamente estos días serán descontados de los recibos de pago”, medida que non compensa nin de lonxe o dano causado por impedirlles vir vender este domingo, e moito menos compensa aos locais comerciais de Mondariz que se viron afectados pola suspensión da feira.

Alternativa por Mondariz considera que en Mondariz, se se fai unha boa planificación e se poñen os medios necesarios, hai sitio suficiente para albergar a Feira dos Oficios Artesáns e a feira dominical, garantindo o cumprimento das medidas de seguridade fronte a COVID-19; e lamenta a incompetencia e a apatía demostrada por este grupo de goberno BNG-PSOE que a única acción que fixeron foi a más rápida e a máis cómoda para eles: suspender a feira.

Alternativa por Mondariz recórdalle ao Sr. Alcalde e ao seu grupo de goberno que están ao
servizo da veciñanza, que están obrigados a traballar por e para os seus veciños, que teñen
unha feira dominical regulada e que están obrigados a cumprila, que están obrigados a por os medios necesarios para garantir a súa seguridade e a súa realización, e lamenta profundamente as consecuencias económicas derivadas desta decisión.

Relacionadas

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Actividade de Fotografía e Natureza aprazada

0
A actividade de Fotografía e Natureza programada para o día 30 queda aprazada pola chuvia ata novo aviso.

Publicacións Relacionadas