Home Pontevedra Alumnado do IES Chapela planta preto dun cento de árbores doadas polo...

Alumnado do IES Chapela planta preto dun cento de árbores doadas polo Concello no lugar de Parada

- Anuncio -

-O alumnado do IES Chapela está a plantar preto dun centro de árbores nunha parcela de dúas hectáreas cedida pola Comunidade de Montes de Chapela, no lugar de Parada.

-As árbores, entre as que hai castiñeiros, nogueiras, abeleiras, bidueiros, maceiras e ameixeiras, entre outras especies, foron doadas polo Concello de Redondela.

-A actividade, organizada pola empresa medioambiental Tarabelos, ten como obxectivo poñer en valor este espazo natural e concienciar á rapazada da importancia de coidar a natureza.

O alumnado de 3º da ESO da IES Chapela, formado por uns 60 mozos e mozas, está a repoboar unha parcela de monte da parroquia. Están a plantar preto dun cento de árbores nun terreo de 20.000 metros cadrados cedido pola Comunidade de Montes Chapela. A parcela en cuestión, no lugar de Parada, conta cunhas espectaculares vistas panorámicas sobre a ría de Vigo. O presidente da comunidade, Francisco Puch, afirmou que esta iniciativa “é moi positiva para que o alumnado poida coñecer máis os beneficios que ten o monte comunal como pulmón verde para a parroquia”. Guiados por Álvaro Diego Fuentes, da empresa Tarabelos, a rapazada aproveitou a xornada para coñecer mellor a contorna da cunha ruta a pé desde o instituto polo río Pugariño, unha zona de especial valor natural e etnográfico. O experto sinala que, deste xeito, o alumnado “non só fai unha actividade ambiental e aprende a distinguir árbores, senón tamén pode coñecer mellor e poñer en valor a súa propia parroquia, o monte e os camiños”.
As árbores, doadas polo Concello de Redondela, son dunha ducia diferente de especies entre as que hai castiñeiros, nogueiras, abeleiras, bidueiros, maceiras, sabugueiros, ameixeiras, cerdeiras, salgueiros, figueiras, etc. Os concelleiros de Sostibilidade, Roberto Villar, e o de Ensino, Iván Valles, visitaron este mediodía a plantación xunto aos responsables da Comunidade de Montes de Chapela. Villar avanzou que a zona vai sinalizarse para dar a coñecer este proxecto, “xa que no futuro será unha área que a veciñanza poderá usar como espazo de lecer”. O concelleiro de Cultura sinalou que se trata dunha iniciativa “moi interesante”, xa que de xeito transversal o ensino serve “para que coñezan máis a natureza e se impliquen no seu coidado”, conclúe Valles.

Relacionadas

O Concello de Redondela selecciona tres técnicos para obras públicas, xestión forestal e administración

0
Dentro do proxecto “+Emprega nos Concellos” da Deputación de Pontevedra, o Concello de Redondela abre un proceso de selección para cubrir os postos de...

Luis López salienta a diversidade do tecido deportivo e a capacidade para organizar competicións...

0
O presidente provincial participa na sétima edición da Festa do Deporte de Ribadumia onde se entregaron 15 premios para recoñecer o labor de deportistas,...

O PP de Pontevedra lamenta que unha vez máis o Goberno central discrimine a...

0
Esta mañá, os deputados autonómicos, Julio García Comesaña, Felisa Rodríguez e Michel Fidalgo; os deputados nacionais, Irene Garrido e Juan Bayón; acompañados dos senadores,...

Luis López sinala a apertura da nova residencia de artistas de Ponteareas como unha...

0
O presidente provincial participa, xunto ao presidente da Xunta Alfonso Rueda e a alcaldesa e deputada Nava Castro, na inauguración dun proxecto pioneiro na...

Luis López louva o labor do tecido veciñal ante centos de persoas no terceiro...

0
O presidente da Deputación comparte unha nova xornada de convivencia deste programa de Acción comunitaria con asociacións veciñais de Cuntis e a contorna con...

O vicepresidente Rafa Domínguez asiste ao acto polo XXX Aniversario da Agrupación de Voluntarios...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, asistiu hoxe ao acto polo XXX Aniversario da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Poio,...

Publicacións Relacionadas