Home Pontevedra Caldas Alumnos de Portas disputarán a final do "Torneo de Xadrez Escolar Nacional...

Alumnos de Portas disputarán a final do “Torneo de Xadrez Escolar Nacional por equipos Tic-Tac Chess” en Madrid

- Anuncio -

Representarán a Galicia despois de resultar victoriosos no campionato celebrado en Vigo no que se impuxeron con solvencia ante os seus rivais.

Alumnos do CPI Domingo Fontán de Portas disputarán a final do “Torneo de Xadrez Escolar Nacional por Equipos Tic-Tac Chess” que terá lugar no mes de setembro na localidade madrileña de Alcalá de Henares, despois de impoñerse nun campionato autonómico celebrado no centro comercial Vialia de Vigo.

O alcalde do Concello de Portas, Ricardo Martínez, felicitou aos seis compoñentes do equipo que representará a Galicia nesta finalisima en Madrid e salientou o traballo que realiza o Club de Xadrez da Cultural Deportiva Portas, entidade á que pertencen estes campións galegos.

O equipo formado por Yeray, Lucas, Adán, Brais, Yoel e Manuel impúxose en Vigo ao CEIP García Barbón e a outros dous conxuntos denominados equipos Masterchess A y B que combinaban xogadores de varios colexios de Galicia.

Esta importante xesta prodúcese precisamente no transcurso da celebración do 50º Aniversario da creación do CPI Domingo Fontán en Portas onde a práctica do xadrez forma parte da idiosincrasia do centro e protagonizou cun torneo parte dos actos conmemorativos deste centro escolar coa disputa dun campionato de xadrez.

BÚSQUEDA DE RECURSOS ECONÓMICOS PARA ACUDIR Á FINAL

Por outra banda, ademais da ilusión de poder representar a Galicia, á provincia de Pontevedra, a Portas e ao CPI Domingo Fontán nunha final de trascendencia tan importante como esta a nivel nacional, as seis familias dos integrantes do equipo de xadrecistas están agora disfrutando da ilusión por acadar este éxito, pero tamén comeza un periodo de búsqueda de recursos económicos para facilitar o traslado e a estancia dos participantes e as súas familias na final que se disputará en Alcalá de Henares (Madrid).

Relacionadas

A Biblioteca Municipal de Mos María Magdalena inaugúrase cunha ampla representación da gran familia...

0
O novo conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia, José López Campos, asistiu ao que foi un acto tremendamente emotivo e familiar A Biblioteca Municipal...

O Concello de Redondela demanda ás administracións autonómica e estatal o arranxo das estradas

0
-O goberno local urxe as obras de humanización da avenida Mendiño en Redondela e a segunda fase da avenida de Vigo en Chapela, que...

Baiona participa na VI edición do Día das Vilas Mariñeiras que se celebrará en...

0
A Concellería de Turismo de Baiona, está a traballar para levar tamén a unha representación da veciñanza baionesa. O Concello de Baiona desprazará a...

O Concello de Covelo adestra corpo e mente da man da Universidade de Vigo

0
A sesión práctica deste primeiro seminario tivo lugar onte xoves cunha ruta radio saudable Un ano máis, o Concello de Covelo e a Universidade de...

Aberta a convocatoria para participar na segunda edición da Residencia FICBUEU

0
O prazo de inscrición estará aberto desde o luns 15 de abril ao 15 de maio O Festival Internacional de Cinema de Bueu acaba de...

Baiona acolle o curso gratuíto para o exercicio profesional de socorrismo acuático

0
A Xunta de Galicia convoca a través da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) o "Curso de Formación Específica de Socorrismo en Instalacións e...

Publicacións Relacionadas