HomePontevedraPoioAmizade esixe maior compromiso ao Concello de Poio

Amizade esixe maior compromiso ao Concello de Poio

- Anuncio -spot_img

A entidade pontevedresa, que traballa por mellorar as condicións de vida das persoas con discapacidade da comarca de Pontevedra, recorda que xa se reuniu co alcalde de Poio no mes de Setembro de 2023, onde ademais de tratar cuestións sobre o transporte, o emprego ou a incorporación de cláusulas sociais aos pregos de contratación, a asociación presentoulle ao alcalde máis dunha ducia de localizacións onde existían diversos problemas de accesibilidade. En case dous anos non se mellorou a accesibilidade en practicamente ningún destes puntos

Así mesmo, tamén se mantivo unha reunión con Ángel Moldes en decembro do ano 2024 centrada en denunciar os problemas de accesibilidade cos que conta o Pazo Besada e reclamar solucións inmediatas.

En ambas reunións o alcalde Concello de Poio admitiu que eran conscientes da existencia destes e doutros problemas de accesibilidade e comprometeuse con Amizade en traballar conxuntamente para darlle solución.

Pero a realidade demostra que o Concello de Poio non se puxo en contacto coa asociación AMIZADE nin para tratar de solucionar os problemas comentados nin para solicitar opinión sobre outros proxectos de reforma que puxo en marcha o Concello durante estes últimos meses.

Agora o Concello ven de presentar un inventario de camiños municipais e a asociación AMIZADE denuncia que tampouco se lles solicitou opinión sobre a información de accesibilidade que sería necesaria contemplar nese inventario, para que o mesmo puidese ser realmente útil para calquera persoa.

E entende a asociación que de xeito paralelo tamén se debería ter solicitado un estudo sobre a situación real de accesibilidade destes camiños, detectar as dificultades existentes e elaborar un plan de solución das mesmas.

Amizade agarda un maior compromiso por parte do alcalde e que as boas palabras que lle trasladou en sendas reunións se traduzan en compromisos e melloras concretas que poidan facer de Poio un Concello cada vez máis accesible.

Agradecéndovos de antemán a publicación desta información, quedámonos a vosa disposición, para o que desexedes, nos seguintes teléfonos.

Publicacións Relacionadas