A asociación Amizade organiza este venres 25 de Abril, na Av. Montero Ríos de Pontevedra, a VI Xornada multideportiva adaptada para que toda aquela persoa interesada (teña ou non discapacidade) poida probar e practicar distintos deportes adaptados.
A actividade terá horario de mañá e de tarde. A mañá dará comezo ás 10:00 ata ás 14:00 e pola tarde comezará as 16:30 ata as 19:30 e será xestionada pola Fundación También que contan con ampla experiencia na inclusión social das persoas con discapacidade e o fomento de valores educativos en actividades deportivas adaptadas, de ocio e tempo libre e que se desprazan desde Madrid nunha unidade móbil de deportes adaptados; o obxectivo principal é achegar a toda a poboación o deporte adaptado.
Entre outros pódense probar deportes coma baloncesto, tenis de mesa, tiro con arco, bádminton, boccia, slálom, etc. Deste xeito ofrécese a posibilidade de probar unha variada selección de deportes adaptados, coñecer o material deportivo adaptado, sensibilizar sobre a necesidade de normalizar a vida das persoas con discapacidade, entre outras.
Pola mañá está previsto que participen preto de 110 nenos/as de distintas escolas da cidade e pola tarde a participación será aberta a toda a cidadanía.
Esta xornada é posible grazas á colaboración principal do Concello así como tamén da Deputación de Pontevedra, a Obra Social de Fundación La Caixa e Froiz que conxuntamente financian case por completo o custo da actividade.
Amizade quere agradecer expresamente o traballo e apoio das persoas voluntarias, sen as cales sería imposible organizar unha xornada como esta.
Agradecéndovos de antemán a publicación desta información, quedamos á vosa disposición, para o que desexedes.

