Home Vigo O Porriño Ampliación do saneamento de Pontellas: rematadas as obras no barrio do Outeiro

Ampliación do saneamento de Pontellas: rematadas as obras no barrio do Outeiro

- Anuncio -

● A obra, que abarca 1 quilómetro de nova rede, permitirá conectar un total de 25 vivendas, beneficiando directamente a preto de 100 veciños da zona

Rematan as obras de saneamento no barrio de Outeiro, na parroquia de Pontellas, onde se está a acometer a nova rede de recollida de augas residuais. A obra, que abarca 1 quilómetro de nova rede, permitirá conectar un total de 25 vivendas, beneficiando directamente a preto de 100 veciños da zona.
Este proxecto de ampliación da rede de saneamento ten como obxectivo optimizar as condicións de vida no barrio de Outeiro, garantindo un servizo eficiente e sostible para a veciñanza. A nova rede conectarase coa infraestrutura xa existente, o que permitirá unha integración total do barrio no sistema xeral de saneamento do Consorcio.
O proxecto foi levado a cabo polo Consorcio de Augas do Louro, cun investimento de 160.000 euros, no marco dun compromiso máis amplo do executivo local por mellorar os servizos públicos e avanzar cara a unha conexión integral de todo o municipio á rede de saneamento.
O alcalde, Alejandro Lorenzo, destacou a importancia desta obra, sinalando que “se trata dun dereito básico para todos os nosos veciños, e desde o goberno local seguimos traballando para garantir que todo o municipio conte el. Esta actuación no barrio de Outeiro é só un paso máis cara á completa integración de todas as vivendas do Porriño na rede de saneamento”.

Relacionadas

Soutomaior contratará unha vintena de persoas para o mantemento e limpeza de vías e...

0
Por segundo ano consecutivo o Goberno de Soutomaior fará públicos os códigos necesarios para que calquera veciño ou veciña interesada en presentarse á oferta...

O Concello de Ponteareas acondiciona novos espazos no conservatorio municipal para dar un mellor...

0
O Concello de Ponteareas realiza obras no  conservatorio municipal para crear un novo espazo de administración e atención ás  familias máis visible e cercano....

O Concello de Mos celebra o acordo entre o RC Celta e a comunidade...

0
Na xornada de onte o Real Club Celta e a comunidade de Montes de Tameiga facían público un acordo que pon fin a anos...

A Deputación desenvolverá co Sergas un programa piloto de prescrición cultural no Museo de...

0
O vicepresidente Rafa Domínguez e o xerente da área sanitaria Pontevedra-O Salnés, José Flores, asinaron un convenio de colaboración para esta iniciativa, que busca...

A Deputación activa os recursos para que os concellos promovan a igualdade e loiten...

0
A institución provincial publicou este luns no Boletín Oficial da Provincia as bases da convocatoria, que mobilizará un total de 260.000 euros entre os...

O Porriño avanza na Modificación do PXOM para adaptar as aliñacións da Avenida Domingo...

0
Esta modificación permitirá resolver as incoherencias entre o planeamento e a realidade consolidada, asegurando a orde e a seguridade xurídica para os veciños e...

Publicacións Relacionadas