Home O Morrazo Marín Ampliase o prazo do sorteo de 100 tarxetas regalo polo Día da...

Ampliase o prazo do sorteo de 100 tarxetas regalo polo Día da Nai

- Anuncio -

O Concello ampliou o sorteo de tarxetas regalo ata o 5 de maio, a partir de 30 euros de compra. As persoas participantes poderán depositar os tickets no buzón que se colocará na Oficina de Turismo ou no caso de Seixo, nunhas urnas instaladas no Mercado

O Concello non abandona a economía local, aproveitando o Día da Nai. Coñecese que estas datas son de amplio consumo, por iso quérese obsequiar á veciñanza fiel ao comercio local da nosa vila. Desta forma, Cristina Acuña, concelleira de Comercio, explica que esta data é “unha fantástica oportunidade para facer as nosas compras no comercio local e animar á xente que temos cerca a que faga o mesmo e aposte polos nosos negocios para eses detalles que lles facemos ás nosas nais”.

Deste xeito, o Concello amplía a campaña do sorteo das 100 tarxetas regalo por valor de 50 euros ata o domingo día 5, “para aproveitar as compras de última hora que se fan por esta data”. Acuña lembra que para participar no sorteo, será preciso realizar compras nos comercios de Marín ou consumir na hostalaría da nosa vila, por valor superior a 30 euros, ben só cun ticket ou cunha agrupación de varios. Quedan exentas as farmacias, gasoliñeras e os supermercados.

Os tickets terán que depositarse no buzón que está habilitado na Oficina de Turismo da Praza de España cos seguintes datos no reverso: nome e apelidos do participante, DNI e número de teléfono. Os tickets terán que ser orixinais, “polo que xa avisamos de que se alguén o precisa para devolucións ou garantías, terá que pedir un duplicado”, explican desde o Concello.

O día 6 de maio ás 12:00 horas terá lugar o sorteo no Salón de Plenos para coñecer aos gañadores destas 100 tarxetas. As persoas agraciadas serán citadastelefónicamente para a recollida das Tarxetas Regalo na Oficina de Turismo antes mencionada durante os días 7 e 8 de maio, en horario de 11:30h a 20:30h, confirmando os datos coa presentación do DNI.
As persoas gañadoras no sorteo deberán gastar as tarxetas na economía local de Marín ata como máximo o 30 de xuño de 2024.

Relacionadas

Rafa Domínguez confirma que a praza de Barcelos e a rúa Santa Clara serán...

0
O vicepresidente da Deputación remarca a “boa sintonía” co Concello de Pontevedra para facer realidade este proxecto e adianta que a finais de maio...

O Club náutico Bahia de Baiona celebra o seu 25 aniversario cunha comida de...

0
O Club náutico Bahia de Baiona celebra o seu 25 aniversario cunha comida de confraternidade, ao evento asistiu en representación municipal o concelleiro de...

A voceira municipal do PP de Tomiño, Lara Meneses, vén de ser nomeada como...

0
-A líder do PP local presenta a súa renuncia como concelleira “forzada pola incompatibilidade  legal de ambas responsabilidades” e recoñece que é un día...

Ana Pastor e Pedro Puy recollen as reinvindacións da CEP quen lle deron traslado...

0
● Desde a CEP achacan ao aumento da delincuencia violenta ao aumento da droga na rúa, onde aos consumidores habituais sumáronselle novos consumidores, o...

A Biblioteca Xela Arias organiza un encontro co músico e activista Kilema

0
A Biblioteca Municipal Xela Arias, en colaboración coa Coral O Piñeiral de Chapela e máis o Coro de Voces Graves de Vigo, celebra un...

Bieito Lobeira número dous na candidatura europea

0
Este nomeamento confirma o bo momento que continua a vivir o BNG marinense e demostra que, ademais de contar con catro persoas destacadas representantes...

Publicacións Relacionadas