HomePontevedraPontevedraAna Pastor: “é urxente modificar a Lei do Si é Si e...

Ana Pastor: “é urxente modificar a Lei do Si é Si e que o Goberno central asuma responsabilidades”

- Anuncio -spot_img

• Deputados nacionais din que esta lei e a derrogación do delito de sedición delatan ao Goberno, “a súa falta de capacidade e coñecemento na elaboración das leis e a súa ideoloxización e politización en detrimento do interese xeral”.


• Pepa Pardo critica a Carmela Silva por “calar ante a saída de violadores e delincuentes sexuais da cárcere como consecuencia dunha lei aprobada polo seu Goberno” mentres desprega a pancarta do 25N.

A deputada nacional do Partido Popular, Ana Pastor, sinalou hoxe que “é urxente modificar a Lei do Si é Si e que o Goberno central asuma responsabilidades”. Acompañada dos deputados nacionais da provincia, Javier Bas e Juan Constenla, e da vicevoceira do grupo provincial e vicesecretaria de Organización do PP de Pontevedra, Pepa Pardo, Pastor incidiu na cidade sobre a chapuza dunha lei que desprotexe ás mulleres e permite a rebaixa de penas por delitos sexuais.

“Mentres a sociedade está escandalizada ante o destrozo causado pola súa lei do Si é Si, e pide unha rectificación inmediata desta norma, que recordemos foi impulsada polo Goberno do Señor Sánchez e cuxa aplicación está provocado a saída da cárcere e rebaixa das penas a condenados por delitos sexuais e contra as mulleres- o Goberno móstrase impasible. A súa soberbia impídelle recoñecer o seu gravísimo erro e négase a modificar a lei. E, sen embargo, pola vía rápida e urxente aproveita para tramitar a derrogación do delito de sedición, cedendo ante os independentistas e os condenados por sedición e malversación, a cambio de manterse no poder”, critica Pastor.

Para a popular, “estes dous casos delatan a este Goberno. A súa falta de capacidade e coñecemento na elaboración das leis, e a súa ideoloxización e politización en detrimento do interese xeral”. Sobre a Lei do Si é Si, subliña que a norma aprobouse nun Consello de Ministros presidido por Sánchez, do que forman parte dous xuíces ministros. Contaron co informe preceptivo do CGPJ, que lles advertiu da situación, e tamén coas advertencias do PP durante a tramitación da norma no Parlamento. “Pero non fixeron caso. E cando se produce o que xa se alertou durante meses, que a norma solo beneficiaría aos delincuentes, atacan aos que avisaron, incluídos aos xuíces do noso país, en lugar de asumir calquera tipo de responsabilidade”, engade.

Polo tanto, incide en que “este goberno, que no seu conxunto impulsou a norma, debe rectificar, modificar con urxencia esta lei perniciosa para as mulleres, e beneficiosa para os agresores sexuais, e ademais debe asumir responsabilidades”. Lamenta que “neste Goberno ninguén dimite nin se lle cesa, probablemente porque entón caería o Goberno no seu conxunto. Sánchez está atado de pés e mans, por Podemos e polos independentistas. Non pode cesar á Ministra de Igualdade porque periga o seu Goberno e debe ceder ante os independentistas non vai ser que non lle apoien os orzamentos. Unha vergonza e por iso o PP xa presentou unha iniciativa para que se modifique esta Lei”.

CRÍTICAS AO SILENCIO DE CARMELA SILVA NO DESPREGUE DA PANCARTA DO 25 N
Pola súa parte, Pepa Pardo pregunta onde está Carmela Silva ante unha situación tan grave. “Onte despregaba a pancarta do 25N no Pazo Provincial pero calaba dun xeito ridículo ante a chapuza da Lei do Si é Si. Carmela Silva cala ante a saída de violadores e delincuentes sexuais da cárcere como consecuencia dunha lei aprobada polo seu Goberno”. E recorda que “a mesma Carmela Silva que hai uns meses, cando o PP non só advertía desta posibilidade de excarceración e rebaixas de penas, senón que tamén trataba de impedir a entrada en vigor desta lei que tanto prexudica ás vítimas, cualificaba ao Partido Popular de mala xente, e preguntábase si unha soa muller podería votar a esa mala xente”. Por iso, di, “hoxe pregunto eu a Carmela Silva, si ela considera que hai unha soa muller que poida estar conforme con esta lei que ela tanto defendeu”.

Publicacións Relacionadas