HomeO SalnésCambadosAna Pastor pon en valor o esforzo da Xunta co sector mar-industria,...

Ana Pastor pon en valor o esforzo da Xunta co sector mar-industria, “o mesmo compromiso que terá Feijóo no Goberno de España”

- Anuncio -spot_img
  • Apostan polo equilibrio entre a actividade económica no litoral e a protección medioambiental.
  • Aseguran que o voto ao PP o 23 de xullo será un voto ao cambio tamén nas políticas respecto á industria desta provincia: “Ninguén lle ten que explicar cal é a importancia deste sector para Galicia e para a nosa provincia”.

O Partido Popular reuniu esta mañá en Cambados a representantes do sector mar-industria no encontro Conservación e usos do litoral, no que participaron os candidatos ao Congreso e ao Senado, Ana Pastor, Pedro Puy e Sabela Fole, e a secretaria xeral técnica de Medio Ambiente do Goberno galego, Carmen Bouso, e onde apostaron polo equilibrio entre a actividade económica no litoral e a protección medioambiental.

Ana Pastor puxo en valor o esforzo da Xunta co sector mar-industria, “o mesmo compromiso que terá Núñez Feijóo no Goberno de España. Ninguén lle ten que explicar a súa importancia para a nosa provincia e para Galicia” e reivindicou o compromiso de Feijóo para modificar a lexislación e dar maior seguridade xurídica.

Nesta liña, destacou que “o Goberno galego aprobou unha lei moi importante para o sector, que preserva o medio ambiente e que fai compatible que un sector tan importante para a economía e o desenvolvemento da provincia e de Galicia poida continuar desenvolvendo a súa actividade”. Por iso, sinalou que o voto a Feijóo o 23 de xullo será un voto ao cambio tamén nas políticas respecto á industria desta provincia. “Tedes o noso apoio á cadea mar-industrial, ao sector pesqueiro, a todas as persoas que fixestes posible que sexamos referencia. Para nós sodes moi importantes, e por iso unha das primeiras medidas que tomará Feijóo será baixar o IVA das conservas e do peixe. É clave e fundamental porque este sector ten que seguir crecendo e gañar competitividade”.

Tamén Sabela Fole incidiu  na importancia que ten este sector para a economía e o emprego da comarca e da provincia. “Desde o PP volvemos a amosar o noso apoio ao sector e á cadea mar-industria” e denunciou o gravísimo problema que xerou a Lei de Cambio Climático e as modificacións no dominio público marítimo-terrestre: “Sánchez demostrou que descoñece a idiosincrasia da nosa costa, que non ten nin idea do que acontece en Galicia nin cal é a relación entre os galegos e o mar. Un descoñecemento que comprometeu o futuro e a viabilidade de moitas empresas e moitos postos de traballo”.

Publicacións Relacionadas