HomeVigoBaionaAndaina saudable "Baiona Respira"

Andaina saudable “Baiona Respira”

- Anuncio -spot_img

Co motivo do Día Mundial do Cancro de Pulmón, o vindeiro domingo 16 de novembro ás 10:00 h, desde o Concello de Baiona e o Club Groba Trail Team convidamos a veciños e visitantes a participar na andaina saudable “Baiona Respira”, unha actividade aberta e gratuita a todas as idades para conmemorar o Día Mundial do Cancro de Pulmón.

O obxectivo desta actividade é promover a actividade física e concienciar sobre a prevención do cancro de pulmón, lembrando a importancia de coidar os nosos pulmóns e manter hábitos de vida saudables.

Durante o evento teremos a lectura do manifesto do Día Mundial do cancro de pulmón pola AECC, e tamén será a presentación do Club de GROBA Trail Team de maneira oficial.

Co lema: “Respira vida, camiña pola saúde” desde o Concello de Baiona animamos a compartir esta xornada saudable e solidaria con veciños e amigos.

Colabora Asociación española contra o cancro (AECC) do Valmiñor.

Publicacións Relacionadas