HomeTabeirósCerdedo - CotobadeÁngeles Vázquez, e o alcalde de Cerdedo-Cotobade avalían vías de colaboración en...

Ángeles Vázquez, e o alcalde de Cerdedo-Cotobade avalían vías de colaboración en materia de saneamento e patrimonio natural

- Anuncio -spot_img

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, e o alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, avaliaron vías de colaboración en materia de saneamento e patrimonio natural nunha reunión que mantiveron recentemente.

Segundo indicou a conselleira, esta colaboración enmarcaríase no compromiso da Xunta de continuar prestando o seu apoio técnico e económico aos concellos para que poidan exercer as súas competencias de saneamento e abastecemento de xeito máis eficiente e prestar servizos de calidade á súa veciñanza.

De feito, o orzamento de Augas de Galicia sobe este ano 2025 preto dun 5%, ata os 144 millóns de euros, para seguir optimizando o saneamento e o abastecemento coa mellora de infraestruturas, a formación e divulgación e a execución de políticas activas de resposta ao cambio climático.

O obxectivo principal será facer un uso eficiente da auga e reducir a pegada hídrica na comunidade mediante investimentos nas redes de saneamento, depuración e abastecemento así como no apoio aos concellos, o deseño de mapas de riscos climáticos ou a creación de corredores verdes para reducir os asolagamentos.

A maiores, durante a reunión, a conselleira e o rexedor coincidiron na necesidade de seguir acometendo actuacións de cara a garantir a protección e preservación do patrimonio natural da localidade. Nese senso, cómpre lembrar que o río Lérez, que cruza o concello, está incluído dentro da Rede Natura 2000.

Publicacións Relacionadas