Home Vigo Pazos de Borbén Anselmo Táboas quere traballar pola vivenda, o transporte e a sanidade pública...

Anselmo Táboas quere traballar pola vivenda, o transporte e a sanidade pública en Pazos de Borbén

- Anuncio -

O candidato socialista lamenta que “o alcalde non pase máis dunha hora ao día no Concello”

Anuncia a creación dunha oficina para potenciar a colaboración co asociacionismo veciñal, cultural e deportivo

Anselmo Táboas presentouse hoxe á fronte dunha candidatura para “poñer Pazos na senda, xa non do futuro, senón do presente”. Acompañado dos integrantes da súa lista definiuse como a única opción viable para sacar Pazos da parálise total do Partido Popular. No acto estivo acompañado pola presidenta do PSdeG, Carmela Silva, e o secretario xeral provincial, David Regades.

Táboas falou dun Partido Socialista no que están postas tódalas expectativas para ofrecer unha alternativa ao Concello. Amosouse orgulloso dunha candidatura no que está acompañado “por veciñas e veciños que unen esforzo e son novos en política, que se presentan cunha ideoloxía común que se chama Pazos de Borbén”. Así destacou que os tres seguintes na lista son tres mulleres como Paula Cembellín, que con só 20 anos, decidiu acompañalo. “Unha muller nova, que se leva ben con todo o mundo, xóvenes e maiores e que está involucrada con tódalas asociacións de todo tipo en Moscoso”. O número 3 está ocupado por Eva Camiña, de Cepeda, e o 4 por Lucila Curujeira, da Hermida.

O candidato lamentou que Pazos arrastre o peso dun Partido Popular completamente incapaz de xestionar un concello moderno. “Temos un alcalde que pasa non máis dunha hora no Concello”. Afirmou que aténdese dun xeito desigual á veciñanza e que, en realidade, no Concello manda unha persoa que nin sequera é concelleiro e que non vive en Pazos.

Anselmo Táboas prometeu traballar arreo a partir do 28M para cambiar as políticas e as maneiras. En primeiro lugar para que o Goberno municipal atenda a toda a veciñanza e en segundo lugar para crear unha oficina específica de atención a tódalas asociacións veciñais, culturais e deportivas, incluídas as comunidades de montes e de augas. “A vivenda, o transporte e a defensa da Sanidade Pública serán os eixes da miña acción de goberno”, concluíu.

O candidato comprometeuse a sentar as bases para conseguir subvencións doutras Administracións nun momento en que existen fondos europeos gracias ao compromiso do Goberno de España e no que a Deputación dá todas as facilidades, “aínda que estes últimos catro anos padecemos a un alcalde que nin sequera foi quen de colaborar para ampliar a estrada provincial Amoedo-Os Valos, que é unha prioridade”.

Relacionadas

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Actividade de Fotografía e Natureza aprazada

0
A actividade de Fotografía e Natureza programada para o día 30 queda aprazada pola chuvia ata novo aviso.

Publicacións Relacionadas