Home Tabeirós Cerdedo - Cotobade Anxo Santomé: “No BNG rexeitamos as subas desproporcionadas de taxas e...

Anxo Santomé: “No BNG rexeitamos as subas desproporcionadas de taxas e impostos debido á xestión improvisada e gasto descontrolado do sr Cubela”

- Anuncio -

Impedir o espolio eólico, mellorar os servizos, dinamizar o tecido  económico local, mellorar a seguranza viaria e desenvolver unha  proposta cultural ampla, variada e decidida nas parroquias seguirán a  ser eixos fundamentais do traballo político do BNG  

O BNG de Cerdedo-Cotobade vén de celebrar unha asemblea na que foron reelixidos  por aclamación Anxo Santomé como responsábel local e o economista Joám Romero  como Vice-responsábel, no marco do proceso de renovación dos cargos de dirección.  Asemade tanto Santomé como Romero únense ao presente Consello Comarcal,  recentemente renovado e encabezado por Ana Peralba. 

Na Asemblea, Santomé fixo un balance positivo do traballo levado a cabo polo BNG nos  últimos anos que “nos permitiu chegar a todos os currunchos do concello, incrementar  substancialmente a militancia, mellorar os resultados electorais ata convertilo na  segunda forza máis votada nas pasadas eleccións galegas e configurar ao BNG como a  única alternativa ao PP en Cerdedo Cotobade”.  

“Somos un proxecto que demostrou, cos seus actos, solvencia, coherencia e  proximidade cos veciños e veciñas e as súas necesidades” -afirmou o responsábel  nacionalista-. Ao longo destes anos pisamos todos e cada un dos lugares do concello,  reunímonos coa veciñanza para coñecer as súas inquedanzas e trasladarlles a nosas  propostas, e levamos a todas as institucións competentes as demandas veciñais na  procura de solucións, sexan de saneamento, a falta de fibra óptica en todo o territorio  municipal, de seguranza viaria, a loita pola calidade asistencial nos nosos centros de  saúde ou de defensa do tecido produtivo local. Unha “oposición construtiva cun único  obxectivo: o benestar dos veciños e veciñas de Cerdedo-Cotobade”.  

“Este traballo constante a pé de rúa permítenos coñecer polo miúdo a situación do  municipio e fai que esteamos centrados nos problemas diarios que afectan á nosa  veciñanza e presentar todas aquelas propostas necesarias para acadar outro Cerdedo Cotobade. Temos outro xeito de facer política, afastados do caciquismo e das presións sendo conscientes que o noso concello precisa un cambio de rumbo, que deixe atrás as  inercias que nos impiden avanzar, e o BNG está en condicións de abrir un tempo novo  con Ernesto Filgueira ao fronte”. 

Queremos vivir nun rural vivo 

“Moitos e difíciles son os retos que temos por diante -afirmou o vice-responsábel local  Joám Romero-, a comezar pola loita contra o espolio eólico que se pretende facer no  municipio, coa connivencia da Xunta do PP, pero os afrontamos con ilusión e optimismo”.  Desde o primeiro minuto o BNG estivo do lado da veciñanza, informándoa dos proxectos  que lles afectaban -ante o silencio da administración galega e municipal- e acompañándoa  na rúa nas súas xustas reivindicacións”.  

E “nesa liña seguiremos, porque non podemos deixar que estraguen o noso territorio  impunemente. Queremos vivir no rural, pero non nun rural estragado, senón nun rural vivo,  dinámico e con futuro, e para iso é preciso que contemos con máis e mellores servizos, por  exemplo sen caídas constantes do servizo de internete e expandilo a todos os lugares do  concello logo da promesa incumplida dende fai dous anos por parte do sr Cubela”, declarou  Romero.  

Anxo Santomé e Joam Romero mostráronse convencidos de que é urxente un cambio de  modelo político no Concello, totalmente oposto ao do PP polo que o BNG é a ferramenta  coa que conformar unha alternativa solvente para Cerdedo-Cotobade.  

“Temos a honra de encabezar un equipo humano excepcional, formado por mulleres e  homes cunha grande capacidade de traballo, con ideas claras para desenvolver o concello  e cunha ilusión por transformar as cousas en positivo da que me sinto especialmente  orgulloso”. 

Relacionadas

Redondela presenta ao comercio local o plan para facer peonil o casco histórico

0
- A restrición do tráfico nas rúas Praza da Constitución, Telmo Bernárdez e Figueiral busca “mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas,...

Luis López salienta a inxección de 1M€ da Deputación para facer “máis sustentable, accesible...

0
O presidente provincial, acompañado polo alcalde e deputado Roberto Carrero, visita as obras de reforma integral que se están a executar no Bloque I...

O BNG de Vigo afea a impostura do PP coa nova A-52: “Din rexeitala...

0
A fronte nacionalista pide aos populares que “deixen de xogar á confusión” coa ampliación da autovía, lembrando que non se opuxeron á aprobación provisional...

O Concello de Mos optará a unha liña de crédito da Xunta para acometer...

0
A Comunidade de Propietarios desta urbanización privada reembolsaría a posteriori, en diversas cuotas, a inversión realizada, para así liquidar o préstamo A alcaldesa de Mos,...

O PP profunda no aumento das cifras de criminalidade en Pontevedra e relaciónao coa...

0
• Pardo solicita a activación do Consello Local de Seguridade para que “se adopten medidas urxentes para reverter o incremento de delitos”, ao mesmo...

A Xunta avanza para copletar este verán a humanización da Avenida de Galicia no...

0
― A Administración autonómica está a actuar nun treito de 2 quilómetros para impulsar a mobilidade segura e sostible e que suporán un investimento...

Publicacións Relacionadas