Celebrarase ás 17 h polo novo percorrido establecido dende o Espazo Feira ao aparcamento municipal
Tui apraza a celebración do seu Desfile-concurso de Entroido para o próximo sábado, 21 de febreiro, ás 17 h. A decisión responde á adversa previsión meteorolóxica para mañá martes, con choivas ao longo da xornada, e a melloría notable do tempo de cara á fin de semana. A concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, explica que “a situación de choivas, aínda que fosen febles, impediría a participación dalgunhas comparsas, xa que con tanta humidade o vestiario, as carrozas ou os instrumentos musicais poderían verse afectados, deslucindo así o traballo que levan realizando ao longo de varios meses”.
Por este motivo, esta mañá tras consultar tanto as comparsas coma aos distintos servizos implicados, dende a concellería de Cultura tomouse a decisión de aprazar o desfile para o sábado. O situación anticiclónica prevista para esa xornada permitirá a celebración do desfile e o seu disfrute tanto por parte dos participantes coma por parte do público.
Deste xeito Tui concentrará na fin de semana as súas celebración de Entroido co Desfile-Concurso o sábado, e o Enterro do Bacallau o domingo.



