HomePontevedraO SalnésAprobada a candidatura que o BNG presentará en

Aprobada a candidatura que o BNG presentará en

- Anuncio -spot_img

Vilagarcía na cita electoral do próximo 28 de Maio.

Configuran unha relación de persoas que apostan pola mocidade en postos de relevancia, acompañados de candidatos coa experiencia de ser concelleiros en mandatos anteriores

O BNG presenta, na súa totalidade, unha candidatura electoral comprometida coa paridade de xénero, a mocidade e a experiencia. Estas tres características son esenciais para construír unha Vilagarcía máis xusta, inclusiva e avanzada. Para que as mulleres teñan as mesmas oportunidades en todos os ámbitos da vida pública e privada. Para que a mocidade sexa protagonista da mellora que necesita o noso concello. E amósase a experiencia de varias persoas da candidatura, na que se integran formando equipo, como aval da súa colectiva capacidade, honestidade e responsabilidade.

Así, na lista electoral, figuran os candidatos á Alcaldía que o BNG leva presentado nas últimas cinco convocatorias: Lucía César Veloso (2019), María Villaronga (2015) e Xosé Castro Ratón (2003, 2007 e 2011). É de subliñar, tamén, a participación de Narda Rubianes Nogueira, do colectivo “Cerna”, número 2 de Somos Maioría (2015). Xosé Lois Leirós, concelleiro actual, quen por razón persoais deixa a primeira fila, pechará a lista dos titulares.

Súmanse, tamén, as que formaron pare do Goberno Local de coalición entre o BNG e o PSdeG-PSOE (2007-2011): Ana Lorenzo, Concelleira de Xuventude, Persoas Maiores e Solidariedade e responsábel da área de Igualdade e Benestar; Rosa Abuín, Concelleira de Innovación, Promoción Económica e Turismo; e de Xosé Castro Ratón, portavoz do grupo e responsábel da Tenencia de Alcaldía única e da área de Cultura.

Cunha destacada parte de persoas mozas, a candidatura nacionalista inclúe a participación de persoas relevantes do tecido social, cultural e do asociacionismo veciñal para ofrecer á cidadanía un proxecto de xestión municipal que aposta por facer unha Vilagarcía mellor.

1 Francisco Xabier Rodríguez Paz
2 Rosa Abuín Rodríguez
3 Xoán Manuel Oubiña Rodríguez
4 María Eulalia González Martínez
5 Xosé Castro Ratón
6 Rocío Méndez Castro
7 Anxo Lúa Areas
8 Mª Hortensia Rodríguez Domínguez
9 Ricardo Núñez Cores
10 Loaira Sánchez Lázare
11 José Antonio Ríos Lamas
12 Esmeralda Crespo Rey
13 Xurxo X. Santos Bóveda
14 Bernarda Rubianes Nogueira
15 Juan Carlos Alcalde Santos
16 Ana Isabel Lorenzo Fraga
17 Roberto Abalo Busto
18 María Villaronga Chazo
19 Germán Torres Canay
20 Lucía César Veloso
21 Xosé Lois Leirós Gude
R1 Rita Leirós Suárez
R2 Alberte Agudo Casal
R3 Mª Victoria García Rebollido

Publicacións Relacionadas