HomePontevedraDezaAquaFuture Spain medra para converterse dende mañá no gran foro da acuicultura:...

AquaFuture Spain medra para converterse dende mañá no gran foro da acuicultura: 160 empresas de 24 países e un amplo programa

- Anuncio -spot_img

• ESTES EXPOSITORES, QUE MOSTRARÁN AS SÚAS PROPOSTA ATA O VINDEIRO XOVES, SUPOÑEN UN 10% MÁIS RESPECTO Á PASADA EDICIÓN E OCUPAN UNHA SUPERFICIE UN 9% MAIOR

• ACOLLERÁ MÁIS DE TRINTA ACTIVIDADES ENTRE AS QUE DESTACARÁN AS SÚAS INTERESANTES XORNADAS, AS CALES SE CENTRARÁN EN TEMAS CLAVE PARA A SOSTENIBILIDADE E O CRECIMENTO DO SECTOR

• A CONSELLEIRA DO MAR, ROSA QUINTANA, INAUGURARÁ NO RECINTO FEIRA INTERNACIONAL DE GALICIA ABANCA ESTE CERTAME, QUE SE CONSOLIDA XA COMO CITA INELUDIBLE DO SECTOR

O II Salón Internacional da Industria Acuícola, AquaFuture Spain´23, abre mañá as súas portas no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA, sendo a inauguración oficial de evento a cargo da Conselleira do Mar, Rosa Quintana.

A área expositiva desta cita, organizada por OK Eventos, contará ata o vindeiro xoves 30 de marzo con 160 empresas de 24 países, un 10% máis que na súa anterior edición, as cales ocuparán 12.000 metros cadrados, un 9% máis de superficie na que ao pavillón expositivo se suma un gran espazo exterior próximo para embarcacións e instalacións de gran tamaño.

Unhas cifras que segundo o director de AquaFuture Spain, Juan Lijó, “permiten asegurar que conseguimos o noso obxectivo principal, consolidar o certame como un proxecto sólido e de futuro, unha cita destacable no calendario internacional”. Un logro ao que se suma a participación nesta segunda convocatoria de todos os actores acuícolas de España, desde centros de investigación, institucións e asociacións ata produtores, ademais de aumentar considerablemente o número de expositores internacionais, os cales supoñen o 35% do total.

Un ambicioso programa con temas clave

Ademais da súa gran área expositiva, AquaFuture Spain´23 contará cun ambicioso programa no que terán cabida máis de trinta actividades nas que participarán sesenta recoñecidos profesionais relacionados co ámbito da acuicultura a nivel nacional e internacional, ademais do gastronómico.

Un dos atractivos principais desta programación serán as súas xornadas técnicas, que este ano profundarán máis naqueles aspectos craves para a sustentabilidade e o crecemento do sector da acuicultura a través dunha trintena de expertos de empresa e institucións de gran relevancia.

Yolanda Morales, do Clúster Acuiplus, entidade colaboradora do evento, destaca sobre elas que “vaise falar do ámbito dos plásticos e como está a afectar a súa normativa ao longo da cadea de valor, teremos unha mesa sobre a internacionalización e as oportunidades noutros mercados como o chileno e o marroquí, levarase a cabo unha mesa específica sobre financiamento da acuicultura tanto dende o punto de vista das operacións como dende iniciativas e innovación, abordarase ademais o ámbito do transporte dentro do marco da trazabilidade dos produtos e tamén os desafíos dentro do benestar animal”. Este ano contarase ademais coa participación da Asociación Empresarial de Acuicultura de España (Apromar), a cal “realizará unha mesa redonda de gran interese, específica sobre economía circular”.

Con todo iso, subliña que “pretendemos cada ano dialogar, profundar e reflexionar con expertos, de forma conxunta, valorando onde estamos e cara a onde imos no sector”.

Por outra banda, levarse a cabo un completo programa de presentacións de produtos, servizos ou proxectos, realizadas por preto de trinta profesionais do sector. Así mesmo, tras o éxito da pasada edición, repetiranse as sesións de cociña en vivo, as cales permitirá coñecer e desfrutar de exquisitos pratos elaborados con produtos de acuicultura. Así, realizaranse seis showcookings con catro reputados chefs que ofrecerán diferentes elaboracións con mexillón de Galicia, conservas de peixes de acuicultura, robaliza e dourada con espirulina ou troita.

Rexistro de visitantes

Esta segunda edición do Salón Internacional da Industria Acuícola, cuxo horario será de 10.00h a 18.00h durante os seus tres días, dispón de toda a información respecto a expositores e programa de actividades na súa páxina, www.aquafuturespain.com.

Unha web na que as persoas interesadas en visitar o certame poden tamén descargar a súa acreditación.

Publicacións Relacionadas