O domingo 18 de decembro ás 20:00 horas no Multiusos da Xunqueira Arantxa Treus presenta o seu monólogo humorístico: ‘Sexo débil o carallo’.
O Concello de Redondela continúa coa súa oferta cultural dentro do Programa de Nadal elaborado pola Concellería de Cultura. O domingo 18 de decembro a actriz Arantxa Treus presenta o seu monólogo ‘Sexo débil o carallo’, unha comedia na que conta anécdotas da súa vida dende unha perspectiva feminista.
O monólogo comeza dende as etapas máis tempranas da actriz, falando das penurias que pasou na infancia e adolescencia, para chegar á madurez e falar sen pelos na lingua sobre os orgasmos finxidos e as mentiras do embarazo. Sempre tratando este e outros moitos temas dende o respeto e facendo rir ata fartar co seu encanto persoal.
“Arantxa Treus fai un homenaxe ás mulleres e un alegato a si mesma atrevéndose a contar situacións complexas que viven as mulleres na sociedade actual dende a perspectiva do humor. Por todo isto creemos que encaixa dentro do programa cultural do concello, pois sempre tratamos de ser transversais achegando o debate feminista a veciñanza”, explica a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas.
As entradas custan 3 euros e poderanse compra o domingo 18 no Multiusos da Xunqueira. ‘Sexo débil o carallo’, unha comedia de Arantxa Treus que non te podes perder.



