- Jose Juan Domínguez, Arbense Dstinguido no ano 2022, cede gratuitamente bens da súa propiedade, utilizados antano para a colleita de uvas, millo, froitos da horta… para a Exposición Permanente do Centro de Interpretación do Viño e a Lamprea “Arabo”.
- O Concello de Arbo, aceptaba por resolución da alcaldía o pasado mes a cesión do aperos de labranza, que serán incorporados ao Museo Arabo
- Museo Arabo, un lugar onde comprender a enorme vinculación histórica dos arbenses co viño e a lamprea.
Jose Juan Domínguez, Arbense Dstinguido no ano 2022, pola importante labor desenvolvida e por ser un excelente embaixador de ARBO ao longo da súa longa carreira aeronáutica de preto de 39 anos, tras máis de 21.000 horas de voo e voar ao redor de 20 aeronaves de diferentes modelos e tecnoloxía e por deixar reflectido para sempre nas cartas aeronáuticas mundiais o nome de ARBO, cede gratuitamente bens da súa propiedade, utilizados antano para a colleita de uvas, millo, froitos da horta… entre os que se atopan unha debulladora de millo, unha encorchadora, unha “estrujadora”, un cesto de madeira, unha maquina sulfatadora, un carro e un “pote de augardente” que serán incorporados a Exposición Permanente do Centro de Interpretación do Viño e a Lamprea “Arabo”,
O Centro de Interpretación do Viño e a Lamprea “ARABO”, de titularidade municipal, é un museo enogastronómico, que ten como principal obxetivo a promoción e a divulgación da Lamprea e os Viños de Arbo, así como a dinamización dos nosos sectores productivos asociados ao turismo: as adegas, a hosteleria e o turismo rural.
O Museo Arabo, que abriu as súas portas no ano 2003, coroa as terras do viño do Condado de Tea. Está conformado por tres plantas, estando a inferior composta por recepción, un salón de actos e unha viñoteca facendo honra aos nosos prezados caldos, onde veciños/as e visitantes poden atopar os viños, licores e espumosos das adegas de Arbo.
Na segunda planta do museo, atopamonos con dúas salas, unha dedicada a historia de Arbo e outra adicada ao viño donde nos atopámos cunha breve historia do viño no noso país, información sobre as adegas de Arbo, xogos interactivos e apeiros utilizados nas adegas arbenses na antigüidade.
Desde o Concello, estamos centrados en novos proxectos para a promoción de Arbo e os seus recursos turísticos. Se para Arbo, o ano 2023 foi un gran ano con moitos acontecementos importantes, o 2024 e sucesivos, esperamos seguir obtendo os logros e recompensas ao traballo que estamos a realizar dende o Consistorio en Turismo e Promoción e entre eses programas esta a mellora dos contidos do Museo- Informa o alcalde de Arbo, Horacio Gil
O Museo Arabo, conta actualmente cunha exposición sobre a historia e patrimonio de Arbo, o Viño, a Lamprea, unha maqueta das pesqueiras e a historia da Festa da Lamprea.
O Museo Arabo, esta experimentando unha forte afluencia de visitantes. Revisado datos e as estadisticas públicadas, demóstrase que Arbo é un reclamo turístico, un total de 550 persoas pasaron polo Museo Arabo e por Arbo no mes de outubro, para coñecera as costumes, o patrimonio, o Museo, a Lamprea e os viños das adegas de Arbo, chegados de distintos municipios de Galicia, Madrid e do país veciño Portugal- remata o rexedor Horacio Gil Exposito.