• Entre toda a boa e coidada gastronomía que Arbo pode ofrecer aos visitantes, hai un manxar que destaca con nome propio entre todos os demais: a lamprea, profundamente vinculada aos arbenses desde hai séculos, riqueza inmemorial retratada con merecido recoñecemento no noso escudo e a nosa bandeira.
• A LAMPREA DE ARBO: Delicia gastronómica para moitos padais, que en Arbo elevamos a unha cota de goce sublime grazas ás nosas receitas ancestrais.
Arbo é un municipio no que convivimos cunha curiosa especie de peixe que leva existindo máis de 500 millóns de anos, e que atopou no noso Miño uno dos mellores ambientes para desenvolverse.
Moito antes da aparición dos dinosauros a lamprea xa habitaba no océano, desde entón, cada anos entre abril e xuño sobre o fondo do neno, miles de pequenos ovos de lamprea inician o seu ciclo de vida.
Arbo é a capital mundial da Lamprea. Non existe constancia doutro pobo no mundo que teña unha tradición tan antiga e arraigada ao redor deste peixe ciclóstomo prehistórico e misterioso.
Entre toda a boa e coidada gastronomía que Arbo pode ofrecer aos visitantes, hai un manxar que destaca con nome propio entre todos os demais: a lamprea, profundamente vinculada aos arbenses desde hai séculos, riqueza inmemorial retratada con merecido recoñecemento no noso escudo e a nosa bandeira.
A lamprea en Arbo é toda unha tradición. Preparámola desde hai séculos e a que se captura a esta altura do Miño ten unha textura, unha cor e un sabor diferentes. De potente sabor, a lamprea é un manxar que non deixa indiferente a ninguén. A mellor tempada para degustala é de xaneiro a abril e o prato típico é “á arbense”, cociñada no seu propio sangue.
O mellor sitio para probala do mundo, son os restaurantes de Arbo. Os seus cociñeiros e cociñeiras son creadores da receita que pasou de xeración en xeración ao longo da historia.
Se non poden vir nestes primeiros meses do ano, non se preocupen, porque en Arbo poden probar a lamprea todo o ano. A partir da lamprea seca ofrecemos outras elaboracións. Por exemplo, rechea, guisada con fideos e tirabequees, frita, asada á brasa, en empanada…
É entre o inverno e a primavera cando se presenta máis saborosa á arbense, cociñada no seu propio sangue, asada á brasa, frita, rebozada, guisada ou en empanada, por ser fresca, xa que é entre xaneiro e maio cando está aberta a veda de pesca.
En Arbo soubemos sacarlle partido tamén o resto do ano a través da denominación seca, un exquisito afumado que admite o recheo de ovo e xamón e que tamén pode tomarse con fideos e tirabequees. Son moitas as formas de preparar a lamprea e cada restaurante, garda con esmero os seus pequenos secretos. O certo é que, unha vez que se proba, compréndese a razón pola que moitas persoas percorren ano tras ano, moitos kilometros para degustar este manxar, que a día de hoxe constitúe obxecto de culto para expertos culinarios.
Desde fai sesenta e dous anos o concello de Arbo homenaxea este prezado manxar coa celebración da Festa da Lamprea, a cal ten cita cada ano o cuarto domingo de abril, así como, desde fai uns vinte anos, celébrase a Festa da Lamprea Seca durante a primeira quincena de agosto, co fin de dar a coñecer outras formas diferentes de gozar deste manxar ao longo de todo o ano, desestacionalizando, así, o seu consumo.
Unha proba do carácter único da nosa Festa, témola nos miles de persoas que cada ano abarrotan Arbo na tempada de Lamprea. Xente que vén de toda Galicia, España e Portugal, case poderiamos dicir que en peregrinación gastronómica con destino na nosa vila, unha peregrinación do bo llantar para honrar a excelencia culinaria da nosa lamprea e os nosos viños.
Tambien a Festa é un momento idóneo para degustar este manxar, acompañado dos viños das adegas de Arbo. No recinto do Colexio Publico, a excasos metros do centro urbano, na carpa ” ARBOMOSTRA” podemos degustar a lamprea en todos os seus estilos, acompañado dun bo viño, colleita das adegas Arbense.
A Festa da Lamprea Seca, que ten lugar a segunda fin de semana de Agosto, no recinto de Turbela, fronte ao Museo Arabo, os Restaurantes de Arbo ofrecen menús a base de lamprea seca durante toda a xornada.