• Desde séculos atrás, a LAMPREA caracterizouse por ser o produto estrela e o sinal de identidade de Arbo.
• Bañado polo Rio MIÑO, Arbo, esta considerado a Capital Mundial da Lamprea.
• Arbo, rende homenaxe á Lamprea tamén no verán, cun completo programa gastronómico, cultural, deportivo e artesanal os días 8, 9 e 10 de agosto.
A Lamprea, volve ser protagonista en Arbo, que este ano celebra ao grande a XXX FESTA DÁ LAMPREA SECA, un evento que xa é referente na Galicia e que rende homenaxe a un dos produtos máis emblemáticos.
Arbo, rende homenaxe á Lamprea tamén no verán, cun completo programa gastronómico, cultural, deportivo e artesanal os días 8, 9 e 10 de agosto, onde ademais, na Carballeira de Turbela onde tendra lugar o evento, poderase degustar a lamprea seca en distintas variedades acompañada dos viños das adegas de Arbo.
En Arbo podedes degustar lamprea todo o ano. En tempo de pesca directamente do río á cazola, onde se prepara ao estilo arbense, unha exquisitez para os nosos padais, no verán pódese degustar rechea e afumada, unha forma incrible de achegarse ao mundo deste animal que degustamos ao final do seu ciclo vital, e despois da súa longa viaxe polo mar e polo río – informa o alcalde de Arbo, Horacio Gil
Arbo, recoñecida como a Capital Mundial da Lamprea, coa Festa da Lamprea Seca, declarada de Festa de Interese Turístico de Galicia, volverá ser, un ano mais, destino predilecto dos devotos deste manxar, que só en Arbo percíbese como é, fiel reflexo da gastronomía, das tradicións e da hospitalidade dunha vila ilusionada cun proxecto e unha forma de tratar esta xoia do Miño única, desde que se pesca ata que chega á mesa.
Do mesmo xeito que a lamprea, espero que en agosto abril, regresedes á vosa cita ineludible, ao voso fogar, Arbo, para dsifrutar nunha contorna inigualable dunha Festa que honra á lamprea, cunha arraigada tradición e que ano a ano consolídase como a cita estival da comarca.

