Home Pontevedra A Paradanta Arbo convoca o I Certame Fotográfico "Arbo, Vila da Lamprea -LXI Fesa...

Arbo convoca o I Certame Fotográfico “Arbo, Vila da Lamprea -LXI Fesa da Lamprea

- Anuncio -

• Poderán participar neste certame fotográfico todas as persoas maiores de idade, de calquera nacionalidade que o desexen, sexan profesionais ou afeccionados, sempre que os seus traballos axústense ás bases do mesmo.

• A temática é libre, sempre que estea vinculada directamente cos valores turísticos, patrimoniais, naturais, socioculturais, ambientais….. de Arbo

• Os que desexen participar no certame, deberán enviar as fotografías ao correo electrónico oficinas.concellodearbo@gmail.com

• O Prazo límite de presentación é ata o 10 de xuño e a votación será entre os días 14 e 20 de xuño.

Dado o éxito do primeiro certame fotográfico convocado no ano 2021, o Concello de Arbo, organiza nuevamentte para promocionar a LXII Festa da Lamprea que terá lugar os días 22, 23 e 24 de abril, para o ano 2022 o II CERTAME FOTOGRAFICO “ARBO, VILA DÁ LAMPREA – LXII FESTA DA LAMPREA”

O obxectivo deste concurso é promover e poñer en valor a enorme diversidade de recursos naturais e paisaxísticos de Arbo. Un extraordinario patrimonio natural, cultural, patrimonial…..que forma parte da beleza do conxunto do termo municipal.

Este concurso enmarcado dentro das actividades de promoción da Festa da Lamprea, pretende atraer visitantes ao noso municipio e que coñezan os atractivos turísticos que ofrece, e que sexan os propios visitantes os que conten a través do seu obxectivo a súa experiencia.

Para o Concello de Arbo, o obxectivo do concurso non é outro que premiar as mellores instantáneas, as máis espectaculares e orixinais realizadas por calquera persoa en calquera punto deste concello e animar aos turistas a que coñezan a gran riqueza que Arbo, pode ofrecer. Ademáis, este concurso busca atraer a Arbo, a un perfil de turistas aficionados a fotografía, que poden encontrar na beleza do noso entorno un motivo para visitar a Vila – Manifesta o rexedor de Arbo, Horacio Gil.

A imaxe turística creada para a venda dun destino e difundida a través de diversos medios constitúe o primeiro lazo de unión entre os destinos e os seus potenciais turistas, o que tamén axuda ao Concello de Arbo, a ampliar o seu arquivo de fotografía para ser usada nas redes sociais e nas campañas de promoción.

A temática é libre, sempre que estea vinculada directamente cos valores turísticos, patrimoniais, naturais, socioculturais, ambientais….. de Arbo
Os que desexen participar no certame, deberán enviar as fotografías ao correo electrónico oficinas.concellodearbo@gmail.com Prazo límite de presentación é ó 10 de xuño e a votación será entre os días 14 e 20 de xuño.

Tal e como avanzou o edil arbense, Sr. Gil, unha idea moi atractiva que permite ademáis promocionar Arbo como un destino de vacacións

Relacionadas

O Concello de Redondela demanda ás administracións autonómica e estatal o arranxo das estradas

0
-O goberno local urxe as obras de humanización da avenida Mendiño en Redondela e a segunda fase da avenida de Vigo en Chapela, que...

Baiona participa na VI edición do Día das Vilas Mariñeiras que se celebrará en...

0
A Concellería de Turismo de Baiona, está a traballar para levar tamén a unha representación da veciñanza baionesa. O Concello de Baiona desprazará a...

O Concello de Covelo adestra corpo e mente da man da Universidade de Vigo

0
A sesión práctica deste primeiro seminario tivo lugar onte xoves cunha ruta radio saudable Un ano máis, o Concello de Covelo e a Universidade de...

Aberta a convocatoria para participar na segunda edición da Residencia FICBUEU

0
O prazo de inscrición estará aberto desde o luns 15 de abril ao 15 de maio O Festival Internacional de Cinema de Bueu acaba de...

Baiona acolle o curso gratuíto para o exercicio profesional de socorrismo acuático

0
A Xunta de Galicia convoca a través da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) o "Curso de Formación Específica de Socorrismo en Instalacións e...

200 persoas inscritas para a andaina cultural deste domingo

0
A andaina percorrerá a Ruta de Montes e Praias e contará co actuación do Coro de Cámara Thalassa na Igrexa de Santa María do...

Publicacións Relacionadas