Arbo honra ao seu patrón San Roque o 16 de agosto na Carballeira de Turbela

adminON
Lectura mínima de 2
  • A Romeria de San Roque terá lugar o 16 de agosto na Carballeira de Turbela, con comida campestre, procesión, misa solemne, xogos populares e música
  • A Carballeira de Turbela, contará con mesas, bancos e sillas para todos os que queiran gozar desta Romaría Popular.

Arbo prepárase para celebrar, a Festividade de San Roque. Trátase dunha das citas máis importantes do “Verán Cultural” e, sen dúbida, é un símbolo máis da importante oferta gastronómica e de lecer deste concello.

O domingo 16 de agosto  tes unha cita con nos, Arbo volverá converterse nun referente entre as festas que se organizan en honra a este santo e onde reinará a música, a comida, os xogos, o baile e a romaría. Un evento que reúne a todo o pobo e a centos de visitantes da comarca e mesmo de Portugal, atraídos pola extraordinaria oferta que ofrece Arbo nun día tan especial coma este.

 Ás 10.00h da comezo a festividade co pasarrúas da Banda de Música Municipal de Arbo e posterior procesión dende a Igrexa Parroquial de Arbo ata a Carballeira de Turbela donde ás 11.30h terá lugar a Misa Solemne de campaña cantada pola Coral Polifónica de Arbo ás 13.00h a Banda de Música Municipal de Arbo dará o seu tradicional concertó na Carballeira para honrar o noso patrón San Roque.

A partires das 12:30 horas e para amenizar o Xantar Campestre, podremos  disfrutar da actuación do Grupo “AZABACHE”.

Ás 17.00 horas comezarán os xogos populares nos que maiores e pequenos gozarán dun tempo de recreo e entreteniento na Carballeira de Turbela que finalizará cun baile popular.

Sardiñas, pulpo, zona de picnic con sombra e música e diversión asegurada na Carballeira de Turbela.  Ven a Arbo o 16 de agosto, merece a pena disfrútalo.

Comparte este artigo