– O Importe do contrato acende a 574.671,35€ (IVE 21% incluído). As obras estan financiadas pola Deputación de Pontevedra e o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar da Xunta de Galicia.
– As empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas ata o 22 de xullo de 2025 as 23:59horas, os pregos e demáis información están publicados no perfil de Contratación do Estado.
Na actualidade o concello de Ardo conta cun Punto de Atención á Infancia (PAI) insuficiente para atender a demanda crecente e existente deste servizo.
O Proxecto da obra, expón a recolocación do PAI nunha edificación existente destinada a Centro Social que será reformada e ampliada especificamente para este novo uso. Esta edificación sitúase no lugar de Chan de Arbo, dentro do chan urbano da vila municipal e nunha contorna no que xa se atopan importantes dotacións de carácter público. Este espazo configúrase como un nodo urbano estratéxico e centrador de servizos, que conta cunha elevada accesibilidade por estrada e proximidade ás paradas de transporte público.
A nova localización do PAI supón un avance notable na prestación deste servizo, estendendo a súa influencia máis aló do ámbito municipal de Arbo e consolidándoo como un recurso de referencia supramunicipal- Manifesta o alcalde, Horacio Gil.
As obras contemplan ampliación do actual edificio o que reforza a capacidade do para actuar como un nodo centralizador de atención á infancia de carácter supramunicipal. A maior accesibilidade xunto coa mellora cuantitativa e cualitativa do novo equipamento posibilitará o desenvolvemento dun servizo público de calidade capaz de atender non só as necesidades de Arbo senón, a dos concellos limítrofes,
O Importe do contrato acende a 574.671,35€ (IVE 21% incluído). As obras estan financiadas pola Deputación de Pontevedra e o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar da Xunta de Galicia.
As empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas ata o 22 de xullo de 2025 as 23:59horas, os pregos e demáis información están publicados no perfil de Contratación do Estado.
As obras esta previsto que comecen a principios do mes de setembro e o prazo de execución esta previsto segundo o proxecto en 10 meses, o que suporia o comezo do curso escolar no 2026 dos nenos e nenas usuarias do PAI neste novo edificio.
O rexedor arbense, informa que a construción da nova gardería supón un investimento importante para o concello de Arbo, e dará resposta a demanda da veciñanza arbense e pora máis se cabe en valor o municipio de Arbo, como un lugar donde poder asentarse e vivir.