Home Pontevedra A Paradanta Arbo licita a "renovación da rede de abastacemento en Cuarto, parroquia de...

Arbo licita a “renovación da rede de abastacemento en Cuarto, parroquia de San Cristovo de Mouretan, Arbo

- Anuncio -

• As obras consistirán na construción dunha rede abastecemento de subministración de auga potable para substituír á actual rede de abastecemento en mal estado.

• Orzamento: 49.979,74 € (IVE 21% incluído).

• Esta actuación conta con financiamento do 100% de Augas de Galicia

O Concello de Arbo, licita a obra de renovación da rede de abastecemento en Cuarto da Parroquia de San Cristovo de Mourentan.

O importe das actuacións ascende a 49.979,74€ € (IVE 21% incluído), e contan co financiamento do 100% de Augas de Galicia, dacordo coa Resolución do 12 de marzo de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións aos concellos, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas á execución de obras de abastecemento, saneamento e depuración, financiadas no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2021.

Obxecto do contrato:
O obxecto do contrato ven constituído por unha serie de actuacións co obxectivo de mellorar a rede de abastecemento do Concello de Arbo, en concreto no lugar de Cuarto, na parroquia de San Cristovo de Mourentán.

O alcalde, Horacio Gil – informa que con esta obra, “preténdese unha solución máis adecuada e a descrición das actuacións necesarias para repoñer as redes de abastecemento do Concello de Arbo, en concreto no lugar de Cuarto, na parroquia de San Cristovo de Mourentan”

Para iso no proxecto, defínese, tanto o tipo de tubaxe, os diámetros e presións nominais das mesmas, así como o mellor trazado das tubaxes que se repoñen. Tamén se repoñerán as acometidas que parten da rede principal a cada unha das vivendas.

Dende o goberno arbense, queren garantir o abastecemento sen cortes por avarías, dado que a tubaxe existente sofre roturas con bastante asiduidade, ocasionando cortes na subministración de auga ás vivendas existentes no núcleo de Cuarto, manifesta Horacio Gil.

O Concello de Arbo, non conta con medios nin persoais nin materiais para a realización das obras proxectadas e que son necesarias porque este tramo de tubaxe que se pretende mellorar, sofre constantes avarías, e estas supoñen numerosos cortes na subministración de auga ás vivendas existentes no núcleo de Cuarto e Pimende.

O Concello desexa arranxar esta problemática, e decide renovar a tubaxe existente, entre a arqueta do cruzamento do desvío aos núcleos e ata a zona sur do núcleo de Pimende, mediante a reposición da mesma, con tubaxe en polietileno de alta densidade de diámetro 90 mm e 16 bar de presión e tubaxe de PEAD de diámetro 40 mm, repoñer as arquetas que aloxarán as válvulas de corte e as válvulas redutoras de presión e renovar as acometidas domiciliarias.

Todo elo, co fin de garantir unha mellora prestación deste servizos básico aos veciños e veciñas deste núcleo de poboación.

Relacionadas

O Concello de Redondela demanda ás administracións autonómica e estatal o arranxo das estradas

0
-O goberno local urxe as obras de humanización da avenida Mendiño en Redondela e a segunda fase da avenida de Vigo en Chapela, que...

Baiona participa na VI edición do Día das Vilas Mariñeiras que se celebrará en...

0
A Concellería de Turismo de Baiona, está a traballar para levar tamén a unha representación da veciñanza baionesa. O Concello de Baiona desprazará a...

O Concello de Covelo adestra corpo e mente da man da Universidade de Vigo

0
A sesión práctica deste primeiro seminario tivo lugar onte xoves cunha ruta radio saudable Un ano máis, o Concello de Covelo e a Universidade de...

Aberta a convocatoria para participar na segunda edición da Residencia FICBUEU

0
O prazo de inscrición estará aberto desde o luns 15 de abril ao 15 de maio O Festival Internacional de Cinema de Bueu acaba de...

Baiona acolle o curso gratuíto para o exercicio profesional de socorrismo acuático

0
A Xunta de Galicia convoca a través da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) o "Curso de Formación Específica de Socorrismo en Instalacións e...

200 persoas inscritas para a andaina cultural deste domingo

0
A andaina percorrerá a Ruta de Montes e Praias e contará co actuación do Coro de Cámara Thalassa na Igrexa de Santa María do...

Publicacións Relacionadas