Home Pontevedra A Paradanta Arbo premia aos compradores

Arbo premia aos compradores

- Anuncio -
  • Agora máis ca nunca apoia ao Comercio Local, arranca a campaña navideña do Concello de Arbo
  • Máis de noventa establecementos arbenses repartiran rifas entre os seus compradores
  • Repartiranse un total de 150.0000 rifas cuns premios valorados en 3000 euros.

Baixo o lema “Agora máis ca nunca apoia ao Comercio Local” O Concello de Arbo pon en marcha un ano máis a campaña “Comprar en Arbo ten premio”, en colaboración coa asociación de comerciantes do municipio, na que participan máis de noventa establecementos da localidade Arbenses .

Os negocios repartirán entre os seus clientes rifas polas súas compras. En total imprimíronse preto de 150.000 rifas. En total repartiranse ao redor de 3000 euros en premios: un vale de 500 euros, un vale de 250 euros, un vale de 150 euros, tres vales de 100 euros e 25 vales de compra de 50 euros. O sorteo efectuarase en xaneiro, repartindo os vales para descontar nos comercios, bares, restaurantes e empresas de Arbo que participan na Campaña de Nadal, aos agraciados no sorteo.

Coa posta en marcha desta campaña o Concello de Arbo e os seus comercios pretenden atraer a un maior número de clientes e fidelizar aos seus compradores máis habituais. Sinalando ademais a importancia de apoiar o pequeno comercio local tan importante para Arbo e que é a base da economía de moitos arbenses “Comprar en Arbo xera postos de Traballo é Riqueza ao municipio”

O alcalde do Concello de Arbo, anima a que os arbenses e os visitantes desfruteden da vila, especialmente atractiva nesta época do ano, e que aproveiten para realizar todas as compras nos comercios de Arbo, nas empresas, a que visiten os nosos locais de hostalería, bares, restaurantes, casas de turismo rural, as nosas adegas, nos que poderen degustar todos os marabillosos produtos, e porque non, a desfrutar dunha fascinante experiencia nunha das nosas empresas de turismo de aventura, encontrándovos, – aínda que sexa con mascarilla e mantendo as distancias de seguridade, con todos os vosos veciños e veciñas para desexarlles un Bo Nadal – remata o rexedor

Relacionadas

Redondela mantén a punto os areais no comezo da primavera

0
Nas semanas previas á chegada da primavera e a Semana Santa o departamento de Medio Ambiente do Concello de Redondela deixou en estado de...

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Publicacións Relacionadas