Arbo prepárase para recibir a Volta Ciclista a España e a súa caravana publicitaria

adminON
Lectura mínima de 2
  • O  paso da Volta polas rúas do municipio de Arbo terá lugar o martes 27 de agosto de agosto durante o transcurso da etapa 10.
  • A Caravana da Volta Ciclista fará parada na Praza do Concello ás 13:00horas, con sorteos e agasallos entre os presentes.

A localidade Arbo volverá ser testemuña dun novo paso da Volta Ciclista a España, un dos eventos deportivos máis importantes do país que, o 27 de agosto.

O pelotón accederá ao termo municipal pola Lomba, seguindo pola PO-400 (Vila, San Benito, Rial do Pazo, Barcela….) a partir das 13:30horas.

Como novidade, a a organización da Volta a España  instalará este ano na Praza Consistorio, a Caravana Publicitaria que,  amenizará a espera desde as 13:00h  con vehículos e casetas dos patrocinadores da carreira para ofrecer unha experiencia única ao público con todo tipo de agasallos, merchandising e animación, polo que quedará prohibido a circulación de vehículos a partires das 12:00horas, pola Praza Consistorio.

Deste xeito, Arbo poderá vibrar ao máximo con esta magnífica xornada de deporte e diversión na que moitos dos mellores ciclistas do mundo daranse cita polas rúas do municipio nunha xornada que contará cun amplo dispositivo de seguridade ao longo de todo o termo municipal e a que non debería faltar ningún vecin@ de Arbo.  

Comparte este artigo