Home Pontevedra A Paradanta Arbo, recorda a "José Gil" pioneiro do cine

Arbo, recorda a “José Gil” pioneiro do cine

- Anuncio -
  • Venres 19 de maio proxeccións para o alumnado do CEIP Antonio Carpintero e pola tarde para o público en xeral
  • Sábado 20 de maio na Paza do Concello, Concerto da Bande Música de Arbo ás 13:00 horas para narrar a historia do cine a través das bandas sonoras.

Arbo acolle este venres e sábado varias actividades para difundir a figura de José Gil (As Neves, 1870-1937), precursor do cinema en Galicia.

JOSÉ GIL (Rubiós, As Neves, 1870-Vigo, 1937) é o grande pioneiro do cinema en Galicia, a figura máis destacada, por percorrido profesional e intensidade do seu labor e traballo a prol da fotografía e o cine, nos inicios dunha arte que habería de mudar o mundo.

Arbo é un concello limítrofe coas Neves, municipio de nacemento de José Gil. De seguro que frecuentou festas e romarías das parroquias arbesas nos seus anos mozos, pois ademais ambos concellos estaban conectados polo ferrocarril. Podemos velo nalgunhas imaxes publicadas nos primeiros números da revista “Vida Gallega”, como a reportaxe gráfica sobre o aniversario da derrota francesa na ponte de Mourentán. Tamén ficou constancia gráfica da expectación entre a veciñanza cando chegou no seu Ford para fotografar e filmar a festa dos emigrantes, momentos oportunamente inmortalizados en “Vida Gallega” (1914). Nese mesmo ano estaba a preparar a filmación dun proxecto sobre a lamprea en Arbo, do que non tivemos máis referencias.

As actividades dan comezo o venrés 19 de maio no auditorio do Centro Multiusos donde o alumnado do CEIP Antonio Carpintero visitara o cinemóbil nº 3 e pola tarde proxeccións de balde para o público en xeral.

O Sábado o gran día, donde a partir das 10:00 horas na Praza do Concello realizaranse visitas ao cinemobil nº 3 e Banda de Música de Arbo, ofrecerá un concertó para narrar a historia do cine a través das bandas sonoras.

Relacionadas

FEIRACO patrocina os VI Premios Stephen Hawking, que se entregarán este venres no IES...

0
Un total de 54 traballos aspiran a alzarse coa sexta edición deste premio, coordinado por Amparo Alonso Betanzos, catedrática de Ciencias da Computación e...

Sandra Bastos asiste na Estrada ao faladoiro do programa “Aquí faltan páxinas” centrado en...

0
A escritora estradense Avelina Valladares foi a protagonista, da man da xornalista e investigadora Laura Filloy, do cuarto faladoiro do programa “Aquí faltan páxinas”...

Luis López sinala as máis de 2.000 atencións a case 500 empresas do programa...

0
O presidente provincial foi o encargado de entregar un dos galardóns na décimo terceira Gala do Premio Joven Empresario e Iniciativa Empresarial organizada por...

O Concello de Redondela solicita á consellería do Medio Rural a xestión da biomasa

0
-O Concello de Redondela solicitou o pasado mes de marzo á Dirección Xeral de Defesa do Monte as inspeccións oportunas nas faixas secundarias de...

Récord de participación no X Trofeo de Baile Deportivo da Eurocidade

0
Celebrarase sábado e domingo no pavillón de deportes de Valença con máis de 400 persoas en competición en cada xornada. A Eurocidade confírmase coma...

A mocidade tomiñesa apúntase aos bailes de serán

0
A OMIX de Tomiño organiza un obradoiro no que aprender as primeiras nocións do baile popular galego A mocidade tomiñesa lánzase a bailar. A OMIX...

Publicacións Relacionadas