asd
Home Pontevedra A Paradanta Arbo, remite a Xunta de Galicia os acordos plenarios para a creación...

Arbo, remite a Xunta de Galicia os acordos plenarios para a creación da “Eurocidade do Miño”

- Anuncio -

• Os Catro Concellos de Galicia (Arbo, As Neves, A Cañiza e Crecente) aprobaron nos seus respectivos plenos o protocolo para a creación da Eurocidade da Eurorrexión Galicia Norte de Portugal.

• Co envío da documentación establecida na normativa en materia de Cooperación Transfronteiriza, iniciase o trámite definitivo para que a Eurocidade do Miño, sexa unha realidade

Arbo, como concello impulsor da “Eurocidade do Miño”, acaba de remitir a Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea os acordos plenarios de Arbo, A Cañiza, Crecente e As Neves para seguir coa tramitación para a creación Eurocidade do Miño.

A creación da “Eurocidade do Miño” ten o propósito de incrementar os beneficios de traballo en equipo entre as cinco institucións fomentando a coooperación entre paises veciños.

O inicio do expediente tiña lugar en abril de 2022 no Salón de Plenos do Concello de Arbo, coincidindo coa Festa da Lamprea, donde se asinou a carta de amizade; contando coa asistencia dos rexedores fronteirizos e de representantes de diferentes institucións galegas. Alí, as autoridades resaltaron que a «Eurocidade do Miño» tería unha zona de influencia directa de 30.000 persoas, sen contar o fluxo indirecto das zonas máis poboadas de Galicia, como Vigo, Pontevedra e Ourense, entre outras grandes poboacións do sur da comunidade.

O alcalde do Concello de Arbo, Horacio Gil, destaca, que a cooperación transfronteiriza é un dos medios máis eficaces con vista á aproximación das poboacións fronteirizas, suprimindo as dificultades que implican todas as fronteiras, a promoción do desenvolvemento económico, social e cultural destas rexións, e a promoción de amizade e paz, proseguindo os principios de cidadanía europea e dunha Europa máis conexa e sen fronteiras.

Os municipios de Arbo, Melgaço, As Neves, Crecente e A Cañiza son territorios fronteirizos e limítrofes que contan cun rico patrimonio natural, histórico e cultural, comparten fronteira natural como é o Rio Miño ou o seu afluente o Deva e gran parte das súas principais características xeográficas, económicas, sociais, históricas e culturais, o que favorece a cooperación entre elas, sen prexuízo da súa diferente estrutura política e administrativa;

Coa sinatura do protocolo aprobado, unha vez se obteña o informe favorable do Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación, os cinco concello, comprométense a colaboración e intercambio de información, coñecementos e experiencias, especialmente nas cuestións que afectan a deporte, cultura, patrimonio, promoción, emprego, política social e turismo, así como a favorecer o traballo conxunto promovendo a participación dos asinantes en encontros, xornadas e eventos similares, co ánimo de potenciar os coñecementos e as propostas que desenvolven en común, o que enriquecerá e reforzase o vínculo existente entre eles.

Horacio Gil, informa que o goberno arbense, xa viña traballando dende hai algúns na creación desta Eurocidade que se viu truncada pola COVID-19, coas primeiras reunións coa Xunta de Galicia e a Camara de MelgaÇo, considerando que os lazos de amizade e cooperación entre concellos fronteirizos sería un importante paso para o municipio de Arbo.

Unha vez asinado o protocolo e creada definitivamente a Eurocidade, o presidente da Camara de MelgaÇo ostentará a Presidencia por un ano, seguido por Horacio Gil, como Vicepresidente. O segundo ano a Presidencia será para o Concello de Arbo.

Entre as áreas de intervención da Eurocidade do Miño, atópanse temas relacionados coa Cultura, Deporte, Turismo, Desenvolvo Municipal, Recursos Humanos, Educación, Politica Social, Medio Ambiente e Gastronomía.

Relacionadas

A Deputación reabre este martes as Ruínas de San Domingos tras rematar intervención para...

0
Os traballos, que comezaron o pasado luns, consistiron tamén na eliminación da sucidade superficial do recinto e, trala retirada das plantas, colocouse morteiro A Deputación...

A Deputación leva a próxima semana “Tinta do mar: pequena biografía de Luísa Villalta”...

0
O contacontos para homenaxear a protagonista das Letras Galegas 2024, que alterna narración, ilustración e música, chega tamén neste mes de xullo a Meaño,...

A Deputación abre este luns o prazo de inscrición para participar nas rutas do...

0
Serán en total oito percorridos e terán lugar todos os sábados e domingos do mes. Comezarán o sábado 3 de agosto coa ruta do...

A Porrigalia Xunta a máis de 8.000 persoas no Porriño na segunda xornada

0
●       Carpa de 500 m2 e pantalla xigante para ver o partido da final da Eurocopa e animar á selección española●       O resto da...

O BNG de Vigo critica que Abel Caballero volva erixirse en “alcalde teloneiro” dos...

0
A fronte nacionalista defende que Castrelos non pode ser “escenario para o ego imperial” do rexedor e ironizan con que xa falou máis tempo...

Verbenas, verónicas, agapantos, xeranios, lavandas… para rematar a tempada de plantación nas zonas...

0
A chuvia e o mal tempo prolongou estas plantacións que agora chegan á espazos verdes de Doce de  novembro, Augusto García Sánchez, Eduardo Pondal,...

Publicacións Relacionadas