Arbo, rende homenaxe a lamprea tamén no verán

adminON
Lectura mínima de 3
  • Os días 9, 10 e 11 de agosto, Arbo, volve a  vestirse de Gala para homenaxear a Lamprea na súa variedade Seca
  • A Carballeira de Turbela, acollerá a XXIX Festa da Lamprea, donde se poderá degustar a lamprea seca cociñada en distintas variedades acompañada polos viños das adegas de Arbo con D.O Rías Baixas, mentras se desfruta dunha programación cultural variada.

Entre toda a boa e coidada gastronomía que Arbo pode ofrecer aos visitantes, hai un manxar que destaca con nome propio entre todos os demais: a  lamprea, profundamente vinculada aos arbenses desde hai séculos, riqueza inmemorial retratada con merecido recoñecemento no noso escudo e a nosa bandeira e os días 9, 10 e 11 de agosto rendemos homenaxe a eles na XXIX  Festa da Lamprea Seca.

A Festa da Lamprea Seca, que ostenta o título de Festa de Interese Turístico de Galicia,  naceu co fin primordial de desestacionalizar a temporada de lamprea e co lema “ Outras maneira de coñecer a Lamprea”, polo que se no mes de agosto os visitantes se acercaban a Arbo durante os meses de verán a degustala lamprea– informa o alcalde de Arbo, Horacio Gil.

Este ano a Festa da Lamprea Seca celebrará a súa XXIX edición na Carballeira de Turbela, como é habitual.  Durante o fin de semana poderase degustar nos postos habilitados este manxar nas súas diferentes variedades, asada, rebozada, rechea… e sempre acompañada dos mellores viños da D.Ou. Rías Baixas.

Mentres, e en paralelo ás degustacións, levaranse a cabo diversas actividades para todos os públicos como a Festa da bicicleta, a Andaina Popular, Mercado da Lamprea Seca, a actuación de grupos folclóricos, charangas… e por suposto, non pode faltar a visita obrigada ao Centro de Interpretación do Viño e a Lamprea, Arabo, situado fronte ao recinto, con visitas guiadas.

A festa da Lamprea Seca é unha fórmula perfecta para propulsar o turismo e o interese sobe Arbo, o seu patrimonio, a súa cultura e tradicións. Unha fórmula onde ten moita presencia a poboación local xa que son parte activa da celebración: os bares e os restaurantes que nestes días aumentan considerablemente o número de comensais, e que ademais algúns deles participan ofrecendo Lamprea seca, nas súas distintas variantes na Carballeira de Turbela. Ademais, a través desta festa podemos dar a coñecer algúns dos preciados bens que temos nesta vila como son as Pesqueiras, as nosas preciosas paisaxe a beira do miño, ou mesmo o Centro de Interpretación do Viño e da Lamprea, o “Arabo”, que aumenta cada ano o seu número de visitantes – remata o rexedor arbense – Horacio Gil

Comparte este artigo