Home Pontevedra A Paradanta Arbo, segue dotando ao Parque Bouza de Miguel de máis equipamento de...

Arbo, segue dotando ao Parque Bouza de Miguel de máis equipamento de lecer

- Anuncio -

• Concello de Arbo asina un Convenio de Cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da xunta de Galicia, para actuación “Skate Park”

• importe da actuación ascende a 29.949,92 €)dos que Secretaría Xeral para o Deporte aporta 24.000,00 € e o Concello de Arbo 5.949,92€

O Alcalde de Arbo, Horacio Gil, acaba de anunciar que Arbo contará cunha pista de skate que se construirá na Area Recreativa Bouza de Miguel.

Para a financiación da pista de Skate o concello asinou un convenio de colaboración coa Secretaria Xeral para o Deporte donde este ente da Xunta de Galicia se compromete a aportar 24.000,00 € sendo o importe restante 5.949,92€, asumido con fondos propios do Concello de Arbo .

O Alcalde destaca que “no Concello somos conscientes de que, entre as actividades deportivas que a poboación xuvenil do municipio está a demandar, atópase a práctica de deportes urbanos, en especial do Skate. Detectada esta necesidade, e carecendo actualmente Arbo de instalacións específicas para a súa práctica, desde o Concello imos proceder, nos próximos días, a licitar o proxecto para a construción dunha pista de Skate, que este goberno levaba no seu programa electoral, polo que dotaremos ao municipio dunha nova oferta de lecer deportivo, especialmente orientada á súa poboación máis nova e seguir así na linea de atender a demanda de toda a poboación arbense”.

Para a súa localización, o Equipo de Goberno do Concello escolleu un espazo existente dentro da denominada Area Recreativa – Parque Forestal Bouza de Miguel, no que xa se instalou un tobogán xigante, unha tirolina, un parque biosaludable, asador… e donde se pretende seguir instalando outros equipos de lecer.

O Concello de Arbo, tamén contou coa colaboración da Xunta de Montes de Santa María de Arbo, que cedeu os terreos para colocar a Pista de Skate.

Dende o Consistorio, agradece a colaboración da Xunta de Galicia que atende as demandas de Arbo, e a Xunta de Montes en man Común de Arbo- manifesta o rexedor arbense- que tamén afirma estar a espera dunha nova cesión de máis terreo por parte da Comunidade de Montes de Arbo, para seguir equipando a Area Recreativa Bouza de Miguel de máis equipamento deportivo, infantil e de lecer.

Relacionadas

Redondela mantén a punto os areais no comezo da primavera

0
Nas semanas previas á chegada da primavera e a Semana Santa o departamento de Medio Ambiente do Concello de Redondela deixou en estado de...

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Publicacións Relacionadas