HomePontevedraCaldasArcos da Condesa acollerá o vindeiro 17 de maio a II Festa...

Arcos da Condesa acollerá o vindeiro 17 de maio a II Festa do Can, evento único na contorna organizado pola Asociación as Badaladas 

- Anuncio -spot_img

Agárdase a participación de máis de 200 cans nun evento  que introduce varias novidades con respecto á edición do  ano pasado e que inclúe concursos de beleza e ‘agility’,  ademais de diferentes exhibicións 

O alcalde, Jacobo Pérez, felicita á organización desta cita,  coa que colabora o Concello de Caldas de Reis, e destaca  a súa implicación para “consolidar un valor engadido moi  importante para o municipio”, xa que servirá para atraer a  un gran número de persoas de diferentes lugares 

Caldas de Reis, 8 de maio de 2025.- Por segundo ano consecutivo, a  Praza da Entidade Local Menor de Arcos da Condesa, emprazada no lugar de  San Martiño, acollerá a Festa do Can, evento único na contorna que terá lugar  o vindeiro 17 de maio (sábado). A iniciativa está promovida pola Asociación As  Badaladas, coa colaboración da propia Entidade Local Menor, o Concello de  Caldas de Reis e varias entidades e empresas privadas. O festexo amplía a súa  programación e inclúe varias novidades con respecto á súa exitosa estrea no ano 2024. Fernando Sabarís, voceiro do colectivo organizador, e o alcalde  caldense, Jacobo Pérez, deron a coñecer este xoves o contido do programa, que  comezará ás 10.00 horas e se prolongará ao longo de toda a devandita xornada. 

Entre as novas propostas da Festa do Can inclúese un concurso de ‘agility’, que  é unha modalidade que combina habilidades físicas e mentais para guiar aos  animais a través de diferentes obstáculos, como túneles, saltos, slaloms ou  pasarelas, a completar no menor tempo posible. Ademais, por segundo ano  consecutivo tamén se celebra o concurso de beleza, impulsado pola Sociedade  Canina Galega. Segundo explicou a organización, entre ambos eventos xa está  confirmada a participación de máis de 200 cans. Tomarán parte nestas  competicións participantes chegados de diferentes lugares tanto de Galicia como  de fóra da Comunidade Autónoma, de ahí que esta festa estea considerada  como “un valor engadido moi importante para o municipio e que sen dúbida  supón un revulsivo importante a nivel promocional, xa que vai a atraer a un gran  número de persoas”, indicou Jacobo Pérez. A festa tamén ofrecerá diferentes  exhibicións, tanto de obediencia como de busca de persoas. 

alcaldia@caldasdereis.gal Tel. 986540110 

Durante a xornada habilitarase na Praza da Entidade Local Menor de Arcos da  Condesa un pulpeiro e un posto de churrasco. Ademais, tamén se celebrará un  mercadillo con diferentes postos, nos que se poderán adquirir produtos para  cans, así como de artesanía e tradicionais. A velada estará amenizada tamén  por un DJ e durante toda a xornada sortearanse diferentes agasallos. O Concello  de Caldas de Reis habilita, asemade, unha carpa para garantir que o evento se  poida celebrar se as condicións meteorolóxicas non acompañan. Desde a  Asociación Badaladas lembran que na primeira edición da Festa do Can se  rexistrou unha gran afluencia de público, a pesar de que a chuvia fixo acto de  presenza pola tarde, polo que nesta ocasión se agarda unha maior asistencia.  “É un evento único, orixinal e diferente, que ademais ten en conta a todos os públicos”, sinalou Fernando Sabarís, que explicou que tamén se habilitarán  hinchables para as crianzas. 

Tanto a asociación organizadora como Jacobo Pérez fixeron un chamamento á  cidadanía para que se achegue ata Arcos da Condesa a gozar desta festa, que  “a bo seguro tamén atraerá a moita xente da bisbarra e que é unha cita que  axuda a consolidar a Caldas de Reis como concello de referencia no Umia”.

Publicacións Relacionadas