Home Pontevedra A Paradanta Arrancan as inscricións para "O Camiño de Santiago entre Amigos"

Arrancan as inscricións para “O Camiño de Santiago entre Amigos”

- Anuncio -

• Arbo, Crecente e MelgaÇo organizan o Camiño de Santiago entre amig@s

• O Camiño de Santiago ten previsto realizarse en tres modalidade: A Pé, en Bicicleta e en autobús.

• As actividades realizaranse dende o 30 de xuño ó 4 de xullo

• O prezo inclúe: durmida, almorzo, xantar e cea, seguro, guía e agasallos para todos os participantes.

• As instancias pódense descargar na páxina web da Festa da lamprea https://festadalamprea.gal .

O Concello de Arbo, xunto co de Crecente e a Cámara de MelgaÇo organizan dende o 30 de xuño ó 4 de xuño a actividade deportiva “O Camiño de Santiago entre amig@s”.

Estas accións, reforzan, unha vez máis, o obxectivo de fortalecer os lazos de amizade, municipais e comerciais entre o noso concello e os concellos veciños de Crecente e MelgaÇo

2022 é un ano moi especial para o Camiño de Santiago e para todos os peregrinos. En 2021 celebrouse o Ano Santo Compostelán número 120 da súa historia, pola situación excepcional do COVID-19 o Papa Francisco prolongou o Ano Santo ao 2022

O alcalde de Arbo, Horacio Gil, manifesta que “A actividade “O Camiño de Santiago entre Amig@s”, ademais de que contará este ano cunha gran afluencia de peregrinos, os veciños e veciñas de Arbo, Crecente e MelgaÇo, poderán estreitar máis os lazos de amizade e compartir as experiencias únicas que esta actividade do camiño ofrece

A actividade desenvolvese en tres modalidades distintas:
“O CAMIÑO DE SANTIAGO A PÉ” arranca o día 30 de xuño, son un total de 5 etapas e o prezo por persoa ascende a 168,00 €.-.
“ O CAMIÑO DE SANTIAGO EN BICICLETA” arranca o 2 de xullo e realizase en 3 etapas, ó prezo por persoa ascende a 114,00 €.-.
“O CAMIÑO DE SANTIAGO EN BUS” é o 4 de xullo, a chegada a Santiago sería no mesmo día e o prezo por persoa ascende a 25,00 €.-.

O prezo inclúe: durmida, almorzo, xantar e cea, seguro, guía e agasallos para todos os participantes.

As instancias pódense descargar na páxina web da Festa da lamprea https://festadalamprea.gal .
Para a reserva de praza e obrigatorio o pago da actividade. As inscricións serán por orde de chegada ata cubrir prazas. O Prazo máximo para anotarse é o 20 de xuño (Prazas limitadas)

Para máis información e reservas no Concello de Arbo, no correo eléctronico deporte.concellodearbo@gmail.com ou no teléfono 639 82 94 45

Relacionadas

O Concello de Redondela demanda ás administracións autonómica e estatal o arranxo das estradas

0
-O goberno local urxe as obras de humanización da avenida Mendiño en Redondela e a segunda fase da avenida de Vigo en Chapela, que...

Baiona participa na VI edición do Día das Vilas Mariñeiras que se celebrará en...

0
A Concellería de Turismo de Baiona, está a traballar para levar tamén a unha representación da veciñanza baionesa. O Concello de Baiona desprazará a...

O Concello de Covelo adestra corpo e mente da man da Universidade de Vigo

0
A sesión práctica deste primeiro seminario tivo lugar onte xoves cunha ruta radio saudable Un ano máis, o Concello de Covelo e a Universidade de...

Aberta a convocatoria para participar na segunda edición da Residencia FICBUEU

0
O prazo de inscrición estará aberto desde o luns 15 de abril ao 15 de maio O Festival Internacional de Cinema de Bueu acaba de...

Baiona acolle o curso gratuíto para o exercicio profesional de socorrismo acuático

0
A Xunta de Galicia convoca a través da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) o "Curso de Formación Específica de Socorrismo en Instalacións e...

200 persoas inscritas para a andaina cultural deste domingo

0
A andaina percorrerá a Ruta de Montes e Praias e contará co actuación do Coro de Cámara Thalassa na Igrexa de Santa María do...

Publicacións Relacionadas